Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Monte Neme espera este domingo a súa cita coa BTT

CopaGaliciaMaraton-XIX-MarchaCostaDaMorte--web 1
O Monte Neme espera este domingo a súa cita coa BTT

Este domingo 2 de outubro, os montes de Bergantiños engalánse para recibir a XIX Marcha Costa da Morte. O C.C Monteneme formula tres distancias diferentes, duas distancias serán non competitivas (35km e 51km) e a distancia de 70km, será competitiva, encadrada na Copa Galicia de BTT-Maraton, sendo a penúltima proba de este ano 2022. Ademais será puntuable para o ranking nacional de maratón, ranking no que cada vez se encontran mais corredores galegos dispuntado.

O percorrido saldrá dende o Forum Carballo as 10:00 da mañá, dirección Oza desde onde iniciará a primeira ascensión, e o primeiro paso de dous, pola cima de Monteneme. A esta cima pasarán a partir das 10:30 da mañá, e se podrá ver a cabeza de carreira da Maratón, antes de comenzar a descender por un sendeiro rápido, sinuoso e irregular, no que os mais arriscados, quererán abrir un oco o frente, bordeando o balcón de Santa Mariña e sen perder de vista as Illas Sisargas de Malpica de Bergantiños, comenzarán a segunda ascensión a Monteneme. Subida que compartirá tramos técnicos con zoas rápidas, ata a chegada a cima do Geodésico de Monteneme, 15 minutos despois, da primeira ascensión.

Tras unha visual panorámica, e o paso de dous dubbies de terra, comenzarase un descenso rápido e sen descanso para os bikers.
Tras recuperar folgos no descenso, continuarán por un terreo mais rodador, no que os corredores mais fondistas, expremirán o crono, tendo que salvar a subida o monte Vilar o Cotón de Santa Cecilia e o Campelo, xa no Concello de Coristanco. No kilometro 50 farán cima no Monte Castelo, dende onde iniciará a zoa mais decisiva da xornada, con unhas baixadas por singletracks e varias ascensións pequenas e intensas, nas que deixarán quedar o Concello de Tordoia, para dar entrada os Montes Carballeses de Entrecruces. Coroado o Monte Bustelo no km 60, iniciaremos o descenso hacia Carballo tendo que salvar so pequenas ascensión sen moita dificultad ata cruzar a Ponte Lubians, donde comenzara a ultima ascensión, e onde ano pasado se decidiu a victoria a prol de Alberto Alanís do Burgas Bike Team.

Ata Carballo chegan como líderes elite da Copa Galicia, Javier Busto do Extol MTB team e Dessiré Fernandez do C.C Ribadumia, aunque as distancias son mínimas e non podrán despistarse se queren sair de Carballo coa camisola de lideres.

Máis información na web da Federación Galega de Ciclismo.

CopaGaliciaMaraton-XIX-MarchaCostaDaMorte--web

Comentarios