sábado. 07.12.2024
El tiempo

Nace un novo Run Club en Carballo para espallar as carreiras e andainas grupais por Bergantiños

Eap Run Club de Carballo polo Anllnos
A primeira saída do Eap Run Club de Carballo polo paseo do Anllóns
Nace un novo Run Club en Carballo para espallar as carreiras e andainas grupais por Bergantiños

Realizaban a primeira saída conxunta esta pasada fin de semana polo paseo do río Anllóns e xuntáronse 22 persoas arredor do EAP Run Club. Un club de running que nace en Carballo aberto a todos os niveis, coa idea de animar á veciñanza a saír a correr e andar en comunidade. Un xeito de impulsarse a saír de casa e coller hábitos de vida saudable, e ao mesmo tempo de coñecer outras persoas e aproveitala como actividade social, pois de feito, o terceiro tempo é parte do proceso.

terceiro tempo no EAP run club
Terceiro tempo no EAP Run Club

Dende o EAP Run Club animan a a apuntarse a todo o mundo, sen importar a idade ou estado físico. Podes apuntarte, de balde a través do instagram do grupo. A segunda saída será este domingo 3 de outubro.

Máis novas

 

Comentarios