Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O AD Zas perde a ocasión de tumbar ao líder

O AD Zas perde a ocasión de tumbar ao líder
AD Zas -Oroso Tije AD Zas -Oroso Tije Máis vitorias que derrotas nos nove encontros disputados a pasado fin de semana (5 vitorias e catro derrotas), para a familia do tenis de mesa costeiro. Unha fin de semana completa na que houbo moitos partidos moi disputados, e un con especial trascendencia, a derrota do AD Zas, que se xogaban a oportunidade de derrotar ao líder do grupo de segunda Nacional. Unha mágoa. Paralelamente houbo máxima igualdade nos 6 encontros entre AD Zas e Oroso con 3 vitorias para cada club.

2ª División Nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano NIeto - Oroso TM (3-4)
Xa se sabía que a partir de agora o Oroso TM será un equipo ao que lle hai que gañar os 4 partidos individuais e os de AD Zas Ponciano Nieto só gañaron 3, a clave estivo no partido entre Gonchu e Martín Fernández onde o xogador local pagou a súa inactividade dos ultimos meses. Edu Quintela e Brais Blanco cumpliron nos individuais xogando moi ben como neles se espera e deronno todo no dobre pero enfrente estaba todo un Malov (ex-xogador de superDivisión). Unha mágoa que non se aproveitase unha boa ocasión de acadar outra vitoria pero o xogo mostrado si que dou ánimos para vindeiros compromisos de cara a permanencia, que está dificil pero loitarase ata o último partido.

3ª División Nacional

  • Resultado: CD San Ciprián - Concello de Mazaricos (1-4)
Tiñan moitas gañas os de Mazaricos de gañar en San Ciprián, xa que a única vitoria destes ultimos fora precisamente en A Picota, e non fallaron. Pode parecer que os resultados 2-3 fala de partidos axustados pero o en realidade foron excesos de confianza de Alex nos individuais e de Miguel Rey nos dobres. Co cal un encontro favorable aos mazaricáns con pouco historia e menos xogo. O malo son as 4 horas de viaxe entre ida e volta e o Concello de Mazaricos segue na súa liña de cara a asegurar a permanencia.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Oroso TM Hotel Santa Cruz (4-1)
Vitoria máis fácil do esperado pero os de Oroso dependen de quen lles xogue para ter un equipo forte ou non e o AD Zas Construcciones Cernadas ten moitos recursos en canto a xogadores e a pesar das baixas, si dispón de xogadores e xogadoras concapacidade para gañarlle a calquera deste grupo. moi ben Ana García e Raul no dobre e cumpliron no individual e só cederon ante un Uxío Pampín con moiyo progreso. Maria Castro, na súa liña de non deixarse sorprender e solventando os seus partidos pola vía rápida.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso TM Peluquería Tije (2-4)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Oroso TM Peluquería Tije (1-4)
  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso TM Trastes (4-0)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Oroso TM Trastes (4-0)
  • Resultado: Finisterre Deseñarte - VTM Pinturas Figueiras (4-1)
  • Resultado: Finisterre Sphera - VTM Pinturas - Figueiras (1-4)
Reparto de vitorias e derrotas en todos os encontros da segunda Galega e destes destacar primeiro a vitoria do VTM Pinturas Figueiras en A Coruña ante un equipo con ansias de ascenso e normal a derrota ante o líder do grupo. Despois destacar tamén a derrota do AD Zas Dimobel Bazar Baio ante Oroso Tm Peluquería Tije nesa loita polos primeiros postos e que agora pasan para os de Oroso. As vitorias ante o outro equipo de Oroso eran previsibles pois viñan con nenos que se están iniciando neste deporte.

Vindeiros compromisos

Sábado 26 de xaneiro, no ximnasio do CPI de Zas. 11'00 h AD Zas Aluminios Xeal -Breogán Oleiros Femenino de 1ª Nacional Femenina. 16'00 h Breogán Oleiros Femenino - CTM Coruña de 1ª Nacional Femenina 17'00 f AD Zas Ponciano Nieto - Helios Bembibre de 2ª Nacional masculina. 18'30 h. AD Zas Aluminios Xeal - CTM Coruña de 1ª naciponal Femenina. Sábado 26 de xaneiro, nas instalacións do Liceo de Noia. 16'00 h. Liceo Noia - AD Zas Construcciones Cernadas. Domingo 27 de xaneiro as 11'00 h no pavillón de Mazaricos. Concello de Mazaricos - Afer Rábade de 3ª División Nacional masculina.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ad-ponciano-nieto-e-o-concello-de-mazaricos-aferranse-a-permanencia/

Comentarios