Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar

O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar

A terceira foi a vencida e nesta 3ª xornada da Copa Federación o Balonmán Camariñas colleitou a súa primeira vitoria da tempada. E foi noutro partido da pretemporada copeira, cunha boa entrada no Pavillón O Areal. Ademais, as sensacións van mellorando e xa se van axustando os novos xogadores locais, que o sábado se enfrontan ao equipo da capital galega.

Copa Federación, xornada 3

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Conxo Santiago (34-24) Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (4), Fary (3), Eusebio (4), Jaime (1), Sergio, Ángel, Borja (6), Catalán (7), Perón (4), Damián (2), Antelo (3).

Partido entretido, onde se viron moitas alternativas de xogo e que ao final se impuxo a rapidez local, que con certeiros contraataques abriron unha brecha no marcador, que ao final foi insalvable para o Conxo. O equipo conserveiro, necesita mellorar nalgúns aspectos defensivos e aumentar a efectividad nos lanzamentos de penalti, xa que se dispuxeron de tres ocasiones e falláronse os tres lanzamentos. Doutra banda destacar o "debut" do vetarano Alan, que desupués de ano e medio no dique seco (unha hernia discal) regresou pola porta grande, marcando catro goles desde "o seu extremo".

O próximo partido será o sábado que vén en Pontevedra contra o Artai-Poio, lider do grupo A de a copa.

Balonman Xorada 3 Copa Federacion

Liga da 1ª División Estatal, xornada 3

  • Resultado: BM. ÁRTABRO NOVO MESOIRO - CALVO XIRIA (26-33).
  • Calvo Xiria (18+15): Iago [p], Ramón (2), Sergio (6), Zas (4), Mario, Manuel (3), Pablo (10) -equipo inicial- Naya [p], Javier (2), Calvete, Brais (6), Jorge, Chimpo, Martín.
  • Marcador: 1-1, 4-7, 5-10, 6-12, 9-13, 11-18 (descanso);14-21, 17-23, 19-25, 22-27, 24-28, 26-33 (final).

Disputou o Calvo Xiria ante o Bm. Ártabro o primeiro derbi provincial da tempada. En terras herculinas fíxose cos dous puntos nunha vitoria moi traballada e de moito mérito, tendo que tirar de veteranía ante algunhas situacións que se deron ao longo dos sesenta minutos.

O partido dende o inicio deixou de manifesto a diferenza entre os dous conxuntos, cun cadro carballés moito máis rodado na competición de 1ª Estatal, levando o Xiria o mando no terreo de xogo e no electrónico, o que provocou que mediada a primeira metade acumulara cinco goles de diferenza.

Traballo de equipo tanto en defensa coma en ataque foron fundamentais para lograr este feito, ao que se lle ten que engadir a alta porcentaxe na finalización. Quizais, unha menor permisividade arbitral nas accións defensivas locais ante o pivote carballés Ramón houbese suposto unha diferenza maior, que os sete goles cos que se pechaba o primeiro acto.

Cando todo facía presaxiar un segundo tempo de puro trámite, apareceu en escena un factor desequilibrante para calquera deportista, un inxusto dobre raseiro por parte dos colexiados, converténdose así eses trinta minutos finais nun exame para os carballeses, que sacaron adiante cunha actitude sobresaínte.

O que de principio foi alarma acabou sendo un gran regalo por parte dos colexiados para os xogadores do Xiria, xa que uns sacaron todo o seu saber estar neses minutos e outros, os máis novos, viviron unha lección en vivo do que é competir ante unha situación inxusta e desequilíbrante. En resume, un plus de fortaleza psicolóxica para o equipo, que de seguro lle virá de marabilla para a vindeira fin de semana na que o Calvo Xiria vivirá un novo derbi provincial, desta volta ante o OAR.
A cita, o sábado ás 18:00, no Pavillón Vila de Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios