Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial

O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial

Excelente partido no Areal, dun Bm. Camariñas que notou como dende o comezo desta competición a melloría é patente. O equipo conserveiro quedou pechacancelas do seu grupo pero as sensacións son positivas de cara á tempada.

Agora toca seguir mellorando de cara á liga que empeza o próximo fin de semana cun partido en casa ante o Rasoeiro de O Grove, que se xogará no pabellón municipal de Camariñas "O Areal" ás 18:30 horas do próximo sábado 26 de outubro.

Ademais, o mesmo sábado ás 12:30 horas no Club Náutico de Camariñas terá lugar a presentación oficial do Clube, onde estarán presentes todos os equipos, desde Sénior ata prebenxamín.
Ademais dos representantes políticos, falarán a presidencia, os técnicos e os sponsors, para despois en familia tomar uns pinchos de confraternidade para celebrar o inicio dunha nova tempada e brindar todos xuntos por esta gran familia do Balonmán camariñán.

Copa Federación, xornada 4

Imaxe dun dos choques do Bm Camarinas na Copa Federacion-Foto-Jose Ramon Antelo
  • Resultado: Bm. Camariñas - Ribeiro Viña Costeira (30-32).
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (3), Fary (5), Eusebio (2), Jaime (2), Sergio, Ángel, Xabier (2), Catalán (5), Diego (6), Damián, Antelo (6).

Xogou o Camariñas a última xornada da Copa Federación, que malia quedar colista do grupo A deu moi boa impresión e unha excelente mejoría desde o inicio da copa.

1ª División Estatal, xornada 5

  • Resultado: CALVO XIRIA - BM. PABELLÓN OURENSE (34-11).
  • Calvo Xiria (14+20): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Zas (4), Mario, Manuel (6), Pablo (7) -equipo inicial- Martín G.[p], Naya [p], Calvete (5), Brais (6), Rubén (2), Martín A. (2).
  • Marcador: 1-1, 3-2, 6-3, 8-3, 9-4, 14-5 (descanso); 14-7, 19-7, 23-8, 26-9, 28-10, 34-11 (final).

Pouca historia tivo o partido que enfrontou este sábado ao Calvo Xiria co Bm. Pabellón Ourense, equipo debutante na categoría. O resultado final de 34 a 11 deixa ben claro a diferenza que houbo no día de hoxe entre os dous conxuntos.

O partido durou o que o Calvo tardou en afinar a súa puntería, xa que dos primeiros oito lanzamentos errou sete, todos dende situacións moi cómodas. As intervencións do gardameta visitante impediron que dende o inicio puxese terra de por medio o cadro local, xa que no eido defensivo hoxe o seu nivel foi sobresaínte. Dende o momento no que os xogadores verdibrancos afinaron un pouco nos seus lanzamentos as diferenzas non fixeron senón medrar.

O segundo acto non variou o guión. De novo un Calvo Xiria cometeu erros nos cinco primeiros minutos que se traduciron nun parcial de 2 – 0 favorable aos visitantes. Mais cando volveu a traballar con intensidade e concentración o resultado foi o mesmo que na primeira metade.

Vindeira xornada

A vindeira fin de semana o Calvo Xiria desprazarse a Vigo para xogar ante o Granitos Ibéricos, no Pavillón de Carballal o domingo ás 12:30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios