Xoves. 09.05.2024
El tiempo

A Laracha acolleu unha proba puntuable do Campionato Galego de Slalom

Jesus Picallo Slalom Laracha
Iván Picallo polas rúas da Laracha
A Laracha acolleu unha proba puntuable do Campionato Galego de Slalom

Acolleu este sábado 4 de novembro, en plena borrasca Domingos, A Laracha a primeira edición do Slalom de Laracha, 8ª proba puntuable para o Campionato Galego de Slalom. A climatoloxía complicou o devir da proba e impediu que houbese máis afeccionados, pero finalmente puido desenvolverse a pesar de terse que anular a segunda manga de adestramentos.

Foi Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, o vencedor da modalidade. Picallo, un dos mellores especialistas autonómicos, fixo valer o mellor crono marcado na primeira manga oficial para superar a todos os seus rivais.

A continuación de Picallo, a máis de 11 segundos do vencedor da proba clasificouse Aitor Coto, mentres que a terceira posición da clasificación xeral foi parar a mans de Manuel Cabado.

Óscar Pena foi o primero dentro da modalidade de debutantes e no Trofeo Arteixo Motorsport; en iniciaición, victoria para Pablo Romero e na categoría feminina, triunfo para Mariquiña Chao.

O Campionato Galego de Slalom pechará a tempada 2023 coa celebración do Slalom de Fene o 25 de novembro.

Comentarios