Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Oso Polar non sae da zona baixa e suma unha nova baixa para toda a tempada

O Oso Polar non sae da zona baixa e suma unha nova baixa para toda a tempada
O Oso Polar Costa da Morte non logra encadear dúas vitorias consecutivas ao caer na súa visita ao Maristas Coruña nun partido no que sempre foi a remolque no marcador. Era o 5º partido da tempada do Oso Polar na Liga FGB que lle enfrontou o pasado domingo 14 ao Maristas Coruña, no que vitorioso o equipo local ao imporse por 70 a 60.

Datos do encontro

  • Resultado: Maristas Coruña 70 - Oso Polar Costa da Morte 60
  • Parciais: (15-15, 24-10, 11-19, 20-16)
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (6 ptos, 1t), Roberto (17 ptos, 2t), Santi (9 ptos), José Ramón (12 ptos) e Pais (12 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (-), Iván (2 ptos), Busto (-), Deril (2 ptos), José (-) e Andrés (-).
Partido moi competido entre dous equipos que buscaban saír da parte baixa da clasificación. O Oso Polar empezou moi enchufado no primeiro cuarto grazas ao acerto de José Ramón con 8 puntos consecutivos que lle permitiron ter as primeiras vantaxes no marcador. Maristas reaccionou antes de finalizar o cuarto para igualar o marcador a 15. No segundo cuarto Maristas cambiou o seu defensa de individual a unha zona 2-3 e aumentou a súa achega ofensiva endosándolle ao Oso Polar un parcial de 24 a 10. Por contra os da Costa da Morte acusaron a súa nula anotación desde o 6,25 cun 0 de 12 en tiros de 3 puntos na primeira parte. No terceiro cuarto o Oso Polar aumentou a súa intensidade en ambos os lados da pista logrando un parcial de 10 a 0 que lle permitiu achegarse a metade de cuarto a 3 puntos do Maristas. Chegouse ao último cuarto con 50 a 44 no marcador favorable a Maristas. Neste momento o base local R. Gómez, tomou a responsabilidade ofensiva do seu equipo anotando 12 dos seus 30 puntos resolvendo calquera posibilidade de remontada por parte do Oso Polar. Foi sen dúbida o xogador máis destacado do encontro polos seus 30 puntos e a súa capacidade para romper a defensa rival coas súas rápidas penetracións a canastra que propiciaron moitas faltas por parte dos xogadores do Costa da Morte. Por parte do Oso Polar destacar a actuación unha vez máis de José Ramón e Pais, ambos con 12 puntos e un traballo incansable baixo os aros. Como nota negativa os bajísimos porcentaxes desde o perímetro que foron un lastre insalvable para poder alcanzar a remontada

Baixa de Javier Soto

Ademais, as malas nova cçeibanse co cadro costeiro. Javier Soto perderase toda a tempada, e únese ás baixa por lesión de David, Javier e Busto, neste comezo de campaña. Aínda que Busto xa está recuperado da súa lesión no nocello dereito, David continúa sendo baixa á espera de someterse a unha resonancia en ambos os xeonllos para determinar a orixe da inflamación que sofre en ambas as articulacións. As noticias máis negativas chegan con Javier. Logo de someter o seu xeonllo dereito a unha resonancia descubriuse que ten unha pequena fisura no menisco e o que é peor unha rotura no cartílago que deben retirar do seu xeonllo e inserir células nai para rexenerar o cartílago perdido. Para todo isto será necesaria unha intervención cirúrxica. Os prazos de recuperación que se manexan son longos co que Javier se perderá toda a tempada.

Vindeira cita

A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá o domingo 21 ás 17:00 ao A.X. Sacro Corazón de Lugo no municipal de Cee. O equipo lucense precede ao Oso Polar na táboa clasificatoria e caracterízase por posuír un potente xogo interior con xogadores grandes e de calidade contrastada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar Costa da Morte.

Comentarios