Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PP de Bergantiños fai piña contra os Orzamentos Xerais

O PP de Bergantiños fai piña contra os Orzamentos Xerais
PP de Bergantinos na Rua Real de Carballo Familia do PP de Bergantiños na Rúa Real de Carballo Nova reunón do PP de Bergantiños onte en Carballo. O presidente provincial mantiña un encontro cuns candidatos dos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, A Laracha e Ponteceso que xa teñen a mente posta nas eleccións municipais. Aproveitaron a cita para acusar ao goberno central de “deixar sen partidas nos Orzamentos Xerais do Estado aos veciños da comarca de Bergantiños por culpa dos favores que o PSOE ten que pagar para tentar que Pedro Sánchez poida seguir paseándose no Falcon como presidente do goberno”. “A xente ten que saber que ao señor Sánchez e ao PSOE esta comarca non lle interesa absolutamente nada. Eles están mais preocupados de seguir na súa cadeira de brazos que das necesidades que realmente existen nestes municipios”, dixo. Calvo tamén cargou contra o BNG, "máis preocupado", asegurou, "de cerrar as listas que van compartir cos independentistas vascos e cataláns nos comicios europeos", e atacou ás Mareas de Podemos das que dixo que “cada vez é máis complicado saber onde están, quen son e que defende” debido á “loita de egos” que existe na formación. Sobre o BNG, o líder dos populares na provincia volveu insistir no feito de que o candidato do BNG, Evencio Ferrero, non ten nos seus plans terminar a próxima lexislatura. “Nesta comarca sabemos a diferenza que existe entre ter un municipio gobernado polo Partido Popular como son Malpica, Cabana e A Laracha e un municipio no que gobernan outras formacións”, indicou Calvo, quen non dubidou en defender que, nos primeiros, a xente sabe o que pode esperar do seu alcalde, mentres que, no resto, é todo “improvisación, mala xestión e enfrontamentos internos”.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/ferrero-responde-ao-pp-na-sua-presentacion-como-candidato-non-vos-fagades-falsas-expectativas/ https://quepasanacosta.gal/aurelio-nunez-sinala-que-evencio-ferrero-so-sera-a-foto-do-cartel-do-bng-na-sua-presentacion-como-candidato-do-pp/

Comentarios