Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Xadrez Náutico Camariñas segue medrando

O Xadrez Náutico Camariñas segue medrando
Segue espallándose o xadrez por Camariñas, da man da sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas.  O equipo xa está de alta na Federación galega de Xadrez e nesta semana comezara o proceso de federar aos membros do equipo que están nestos momentos en clases de formación, preparación e adestramento, e que van dende rapaces e rapazas de 5 anos, pasando polo resto de categorías, 8, 10, 12 anos, etc. e sumando a outros xogadores/as do Concello de Camariñas que voltan de novo a un equipo para poder competir, chegando así a máis de 25 persoas que xa integran o planten do Xadrez Náutico Camariñas. O club conta co apoio do Concello e do IES Pedra da Aguia, co fin de poder así atender a demanda de inscricións. Os horarios das clases, son:
  • Nivel básico: luns e sábados, de 18,00 h. a 19,30 h.
  • Nivel medio e avanzado: martes e xoves, de 17,30 h. a 19,00 h.

Liga interna

Os sábados a partires das 19,30 h. teñen o espazo para celebrar partidas a todos os niveis entre os propios xogadores/as e persoas que desexen xogar e disfrutar do xadrez. En breve comezará unha liga interna no nivel medio e avanzado e preparándonos con vista ao primeiro torneo que celebrará o club na Semana Santa, coincidindo coa Mostra do Encaixe.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-semente-do-xadrez-tamen-prendeu-en-camarinas/

Comentarios