Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Alevíns do Volei Dumbría, máis preto Final Autonómica tras vencer a fase Provincial en Ourense

Os Alevíns do Volei Dumbría, máis preto Final Autonómica tras vencer a fase Provincial en Ourense
Os Alevíns do Volei Dumbría co míster Gurutz Larrañaga Os Alevíns do Volei Dumbría co míster Gurutz Larrañaga

Caía esta fin de semana o Volei Dumbría na SuperLiga 2 por un apretado 3-2 en Palencia. Foi a segunda derrota da temporada para os de Luís Alberto Fernández, despois da euforia da Copa Galicia, que non empaña en todo caso a gran campaña do cadro dumbriés na segunda categoría estatal. De feito, os costeiros están afianzandos na 2ª praza (sacan 7 puntos ao 3º, o Cáceres) sendo dous os equipos que se meterán na Fase de Ascenso, unha finalfour cos dous primeiros fo Gr.B, e trala que subirán 2 á máxima categoría do balonmán.

En todo caso, o protagonismo esta fin de semana levárono os alevíns do Voleibol Dumbría, que lideran a clasificación alevín tras a primeira proba da categoría celebrada onte en Ourense. Os peques dumbrieses destacaron nun Campionato Galego Alevín que contou con máis de 220 rapaces en 43 equipos participantes de toda Galicia.

Despois da primeira fase, a provincial, as promesas do Voleibol Dumbría venceron nun apretado choque ao Jealsa Boiro (CV Cabo de Cruz) por 2-0 final (26-24/25-20). Agora, os costeiros lideran a clasificación e participarán con probabilidade na Final Autonómica que se xogará en maio.

Parabéns para os Fran Garea, Tiago Fernández, Matías Lemus, Unai Alvela e Iago Larrañaga.

Volei Dumbria alevin en Ourense

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-flamante-campion-da-copa-galicia/ https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-tamen-vence-o-derbi-corunes-da-sm2/

Comentarios