Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os pequenos atletas do Olimpia ródanse en Ribeira

Os pequenos atletas do Olimpia ródanse en Ribeira
O-adestrador-Jorge-Rodriguez-cos-pequenos-atletas-de-Olimpia-en-Ribeira

A Asociación Deportiva Olimpia de Cee estreouse cunha salientable participación dos seus atletas na primeira xornada do Campionato Comarcal de Pista, celebrado este pasado sábado 6 de abril en Ribeira. Contando coa participación nas categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculinas como femininas. 11 atletas da escola de Atletismo Olimpia Bazarra, participaron en diferentes probas.

A boa actuación dos atletas acércaos a fase Provincial para a cal deberán confirmar o seu pase na segunda fase comarcal que se celebrará o vindeiro día 20 de abril na Pobra do Caramiñal. Ao finalizar esta fase colleranse os 16 mellores resultados de toda a Provincia da Coruña en cada proba acadaran o pase o Campionato Provincial.

O director técnico da escola Jorge Lariño, móstrase optimista en canto a posible clasificación de varios dos seus atletas as probas comarcais, e lémbranos que o obxectivo principal destas probas é que os rapaces e rapazas entren en contacto coas competicións en pista, que coñezan máis este deporte e gocen do mesmo; e se a maiores disto conseguimos clasificarnos para os Provinciais pois suporá un premio para todos.

Estes foron os participantes en Ribeira:

  • Minerva Lago: 50 m. e 1000 m.
  • Aalyah Louro: 50 m. e 500 m.
  • Samuel Canosa: 50 m. e 500 m.
  • Inés Vázquez: 60 m. e 500 m.
  • Lucia Suárez: 60 m. e 500 m.
  • Marta Souto: 60 m. e 500 m.
  • Ismael Agulleiro: 500m. lonxitude.
  • Xan Insua: 60 m. e 500 m.
  • Erica Domínguez: 80 m., 80 m. vallas e lonxitude.
  • Elena Carreira: 80 m., 1000 m. e lonxitude.
  • Elian López: 150 m., 500 m. e lonxitude.
Varios-dos-atletas-de-Olimpia-en-Ribeira

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Olimpia.

Comentarios