Martes. 19.03.2024
El tiempo

Paula Esteiro e Damián Espasandín gañaron o mundial da Farinato Race e representarán a España no mundial OCR de Londres

Damian Espasandin e Paula Esteiro campions na Farinato Race
Damián Espasandín e Paula Esteiro foron os campións na Farinato Race
Paula Esteiro e Damián Espasandín gañaron o mundial da Farinato Race e representarán a España no mundial OCR de Londres

Volvérono facer. E xa nos están mal acostumando. Paula Esteiro e Damián Espasandín participaron esta fin de semana en Cuenca no Campionato do Mundo Farinato Race, unha liga autónoma. Participaron en dúas probas cada un (na de 21 quilómetros o sábado e na 7 km o domingo), e volveron con 3 medallas de ouro e unha de prata.

A camariñá e o vimiancés quedaron campións do mundo na proba forte, convertíndose así en Embaixadores Farinato, polo que representarán a España no Campionato do Mundo de OCR (o oficial) que se celebra en Londres este vindeiro mes de outubro, onde estarán os mellores racers do planeta.

Foi unha fin de semana fin de semana moi complicada para os costeiros, despois ademais do que se viviu a semana pasada na capital soneirá. “Despois de unha semana de acontecimientos horribles para o noso pueblo quería traer a Vimianzo unha boa noticia”, apunta Damián, comprometido cos seus. “Aínda que de pouco servirá para mitigar o dolor de quen tuvo que pasar por esos momentos tamén quería aportar o meu grano de area a hora de mostrar o meu apoio. Desearlle ánimo e unha pronta recuperación a Montse e forza as familias para olvidar rápido esta semana e seguir adiante. A vida é un obstáculo continuo que só se supera con tesón e positivez”, animaba.

Imaxe da dureza da proba da Farinato Race

A do sábado foi un carreira durísima, unha das máis duras que levan feito, con máis de 3km de desnivel acumulado, cun terreo roto e irregular e máis de 35 obstáculos. “Foi un gran desafío físico e moi mental, moi dificil de xestionar”, explica Damián, que tardou 2h19’ en rematar os 21k, polas 3h05’ de Paula. Os dous entraron de no primeiro posto.

Ao remate desta proba Damián sufriu un baixón cun principio de hipotermia, e o tiveron que levar un par de horas á carpa da Cruz Vermella a recuperar temperatura. Non lle parou este feito, e o domingo estaba listo para a seguinte proba.

Damian Espasandin necesitou recuperacion termica na Farinato Race

A de 7k, con “sensacións malísimas e as pernas cargadas”, ante xente fresca que non correra o dia anterior. Esta carreira foi máis disputada. Damián marchou toda a proba na segunda posición ata que conseguíu adiantar o primeiro a excasos 500 metros de meta nos combos finais de obstaculos. Paula entrou nun comodo 2º posto.

Unha nova demostración de que na Costa da Morte temos os mellores deportistas do mundo nesta modalidade.

Paula Esteiro na carreira 7k da Farinato Race

Novas relacionadas

Comentarios