Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Pavillón de Cee estreouse como anfitrión para o tenis de mesa autonómico

Concello de Cee . CTM GAM 2F copia
As rapazas do Concello de Cee, á dereita, bautizaron o pavillón de Cee ante o CTM GAM
O Pavillón de Cee estreouse como anfitrión para o tenis de mesa autonómico

Só o VTM Pinturas Figueiras logrou gañar un encontro esta fin de semana en tenis de mesa nos equipos da comarca, seguindo cunha gran serie de resultaos que os achegan á 3ª Naciona.

Pero a nota descatada da semana foi a estrea do pavillón de Cee como escenario dunha concentración da 2ª Nacional Feminina. As rapazas do Concello de Cee bautizáronse na casa cun fenomenal ambiente, e iso é o verdadeiramente importante.

3ª División Nacional

AD Zas Ponciano Nieto - Zoolandia Conxo Ponte de Ferro copia
Imaxe do AD Zas Ponciano Nieto - Zoolandia Conxo Ponte de Ferro

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Zoolandia Conxo Ponte de Ferro (2-4).
  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - TM Ribadeo A (0-4).
  • Resultado: Arteal Ventanas - Concello Mazaricos (4-0).
  • Resultado: AD Dubratambre - Concello Mazaricos (4-3).

De catro encontros, catro derrotas dos equipos do AD Zas, e só nos partidos contra Conxo houbo moita igualdade, como se esperaba, e con partidos moi longos e resultados moi axustados. En total durou máis de 3 horas, nas que os zaseiros non souperon resolver favorablemente eses puntos decisivos para gañar os partidos. Así, tanto Stevo como Raúl deixaron marchar partidos que parecía que ían gañar. Falta confianza para solventar situacións que se presentan favorables, parece que se ten unha presión autoimposta e que encolle o brazo a hora de golpear a pelota. Brais Blanco foi o único que gañou os seus partidos individuais con mais apuros dos en principio previstos, e no dobres tampouco estivo fino como nel e habitual.

No outro encontro do AD Zas Ponciano Nieto contra TM Ribadeo A non houbo historia xa que o unico partido igualado foi o de Raúl, que volveu a perder 3-2, e no resto superioridade dos lucenses.

En canto aos partidos do Concello de Mazaricos, tamén foron derrotados sen paliativos en Santiago no encontro que fora aprazado en decembro, e, logo o domingo en Val do Dubra non se produciu o enfrentamento entre Miguel Rey e Ana Pérez que podería dar a vitoria aos mazaricáns, así todo quedou pendente do resultado do partido de dobres donde a falta de compenetración de Miguel e Alex favoreu a vitoria dos dubreses en tres sets.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Zoolandia Conxo (0-7).
  • Resultado: SD Hípica - VTM Pinturas Figueiras (3-4).

Os de AD Zas Dimobel Bazar Baio agora xa non só non gañan un encontrose, senón que tampouco son capaces de gañar un partido. Así sufriron outro contundente 7-0 contra os de Zoolandia Conxo, aos que lle gañaran na primeira volta. Só no dobre puxeron algo de resistencia e incluso tiveron unha bola para gañar.

Pola contra, ultimamente non hai quen pare aos de VTM Pinturas Figueiras, que fixeron unha primeira volta moi boa e na que sen facer moito ruído gañaron partidos e encontros cos que ninguén contaba, agora xa na segunda volta empezan forte. E deron a sorpresa ao gañar en Hípica, aínda que o mellor xogador rival lesionouse no quecemento esto non quita méritos a vitoria soneirá. O VTM Pinturas Figueiras mantense segundo na táboa e con moitas opcións de cara a un futuro ascenso a 3ª Nacional.

2ª División Galega

  • Resultado: Rias Baixas Giusseppe A. - AD Zas O Pinar (4-3).

Derrota moi axustada e con polémica no partido entre Carmela e Laura por unha chamada de atención da árbitra (nai de Carmela) a Laura sen motivo e que fixo perder a concentración a xogadora zaseira e o con elo o 5º e definitivo set. O positivo a vitoria de Laura sobre Elena Montaos, levaba moito tempo sen gañarlle e tamén o aumento do nivel de xogo dos compoñentes deste equipo. Este traspés non lles vai facer perder a moral.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: Concello de Cee - SD A Baña (0-3).
  • Resultado: Concello de Cee - CTM GAM 2F (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - CTM GAM 2F (0-3).

Bautizo dunha competición oficial de tenis de mesa en Cee e os pais/nais das xogadoras tiñan preparado café, chocolate e pasteis con bombóns incluidos para recibir tanto as xogadoras rivais como a calquera que quixese acercarse ao pavillón velas. En canto aos resultados todos normais cun partido axstado entre SD A Baña e CTM GAM "F e que volveron a gañar as de Meaño. As de Cee mostraron o seu progreso e moita alegría durante toda a tarde ao igual que o público. Esperemos que sexa un primeiro eslabon dunha longa cadea de tenis de mesa no pobo.

 

Vindeira semana

Sábado 25 de xaneiro:

1ª Nacional Femenina, concentración no ximnasio do CPI de Zas:
- 11'00 AD Zas Cafeteria Talladas - Ribadumia Tenis de Mesa;
- 11'00 Monte Porreiro Confiteria Capri - Oroso Abanca 16'00 AD Zas Cafeteria Talladas - Oroso Abanca;
- 16'00 Ribadumia Tenis de Mesa - Monte Porreiro Confiteria Capri;
- 18'30 AD Zas Cafeteria Talladas - Monte Porreiro Confiteria Capri;
- 18'30 Oroso Abanca - Ribadumia Tenis de Mesa.

3ª División Nacional masculina, no ximnasio do CPI de Zas
- 17'00 h AD Zas Ponciano Nieto - CTM Coruña.

1ª División Galega:17'00 h. Oroso Rios Sangiao - VTM Pinturas Figueiras, en Sigüeiro.

 

Domingo 26 de xaneiro:

3ª División Nacional: Ás 11'00 h Nautalia Viajes - Concello Mazaricos, en Narón.

1ª División Galega: 11'00 h AD Zas Dimobel Bazar Baio - Finisterre Sphera, en Zas.

2ª División Galega: 11'00 h. AD Zas O Pinar - Vilagarcía TM.

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios