Pinpon: O AD Zas Ponciano Nieto asegura unha permanencia que o VTM Pinturas Figueiras terá que loitar na última xornada

13:02 28/04/22
Disputouse esta pasada fin de semana a penúltima xornada das ligas en tenis de mesa. E a nota máis significación e o derbi de 3ª Nacional, que venceu o AD Zas con rapidez. Con esta vitoria o AD Zas certifica matematicamente a permanencia nesta 3ª División Nacional, o que tiña case conseguido. Así queda a ultima xornada de trámite, na que o unico que falta por ver é se o VTM Pinturas Figueiras consegue unha vitoria.
3ª División Nacional
- Resultado: TM Pinturas Figueiras - AD Zas Ponciano Nieto (0-4).
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Oroso Rios Sangiao (1-4).
- VTM Aluminios Xeal - Zoolandia Conxo (4-1).
2ª División Galega
- Resultado: RC A Estrada - AD Zas Cafetería Talladas (7-0).
E, en 2ª Galega a pesar das derrotas estase vendo a mellora das promesas do tenis de mesa costeiro.
Próxima xornada
Para o vindeiro fin de semana estes son os encontros:
- 3ª División Nacional:
- AD Zas Ponciano Nieto - Zoolandia Conxo, sábado as 17 h no pavillon de Zas.
AD Dubratambre - VTM Pinturas Figueiras, domingo as 11 h no IES Val do Dubra. - 1ª División Galega:
- AD Zas O Pinar - VTM Aluminios Xeal, as 17 h, no pavillon de Zas. - 2ª División Galega:
- AD Zas Cafeteria Talladas . Vilagarcia Graphium, as 17 h. no pavillon de Zas.
Novas relacionadas
- Miguel Rey e Brais Blanco, campións do Torneo Aberto de Vila do Conde coa Selección Galega de tenis de mesa.
- Só o VTM Aluminios Xeal consegue a vitoria na fin de semana do tenis de mesa soneirán.
- Marzo 22: O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional.
- Marzo 22: A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas.
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..