Xoves. 16.09.2021
El tiempo

A proba do Ézaro decide este domingo o circuito de Travesía Costa

Travesia Costa no Ezaro
A proba do Ézaro decide este domingo o circuito de Travesía Costa
Tralo ambientazo e expectación celebrado na Travesía de Sisargas-Malpica, e co ollo posto tamén na Travesía Illa da Creba que se celebra o sábado, o mundo da natación mira este domingo cara o Ézaro. A vila dumbriesa acolle unha das probas máis fermosas do circuito Travesía Costa Desenvolve by Duacode.

Máis de 350 nadadores tomarán a saída este domingo, 5 de setembro, para participar nas dúas distancias 4.500 e 2.000 metros que se nadarán na praia e cascada deste fermoso emprazamento de Dumbría. A saída da proba longa será ás 12.00 horas e a proba curta ás 13.00 horas, ambas desde a praia de Ézaro, para terminar ao pé da cascada.

A nivel deportivo queda moito por decidir nas distintas categorías do circuíto, no que puntúan os tres mellores resultados das catro probas disputadas e os postos de cabeza están moi rifar.

Travesia Costa

Novas relacionadas

comentarios