Martes. 19.03.2024
El tiempo

Rubén Insua e Iria Lago, gañadores do singular Trail polos Montes de Corcubión

Ganadores Carreira Corcubion
María Andrade, Rubén Insua e Iria Lago
Rubén Insua e Iria Lago, gañadores do singular Trail polos Montes de Corcubión

Debido a situación sanitaria que vivimos, o Concello de Corcubión decidía organizar unha edición especial do I Trail Correndo polos montes de Corcubión. Unha carreira para facer de xeito individual, pero con todas as condicións dun Trail perfectamente organizado.

A proba disputouse dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, e a pesar dos peches perimetrais da comarca, e do tempo, os 17 atletas participantes foron disfrutando do percorrido, e enviando os resultados a través das plataformas, dos chips.

Finalmente foi o fisterrán Rubén Insua o que máis rápido percorreu os 8km de proba na categoria masculina, cun tempo de 30:19. Pola súa parte Iria Lago (Cee), foi a campiona na categoría feminina cun tempo 48:26.
A organización sorteou ademais dous vales de 50 euros en material deportivo: un recaeu no propio gañador da proba Rubén Insua, e outro foi para María Andrade.

Os participantes da proba mostraron a súa satisfación de dispoñer dalgunha competición nestas datas e gustoulle a iniciativa, desexando repetir próximas edicións.

Comentarios