Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo

Samuel Mendez campion galego de taekwondo Junior
Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo

Se a participación de Lucía Pazos e Naira Blanco na Copa Internacional de Marín foi excelente, a de Samuel Méndez no Campionato Galego Junior de Taekwondo non o foi menos. O deportista de Nemiña (Muxía) acodía a Portonovo tras acadar a medalla de bronce na Copa de España Junior, e demostrou ser o mellor deportista galego da súa categoría, quedando campión da categoría -63kg, e sendo escollido como Mellor Competidor do Torneo.

Samuel tivo que superar 3 combates, no que foi un dos pesos máis disputados e tamén de maior nivel. Pero “estivo moi centrado e dominou os seus combates con intelixencia”, como sinalan os seus adestradores do Club Maniotas.

Samuel pecha así unha moi boa tempada a pesar das dificultades, con estes dous fitos.

Novas relacionadas

comentarios