Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo

Samuel Mendez bronce no Campionato de Espana de Teakwondo
Samuel Méndez, coa medalla de bronce do Campionato de España de Teakwondo
Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo

Viaxaba esta fin de semana Samuel Méndez Leis (Nemiña, Muxía) ata Benidorm coa Selección Galega Junior de Taekwondo para disputar a Copa de España de Taekwondo. E trouxo boas novas para a Costa da Morte. Non gañou pero si que acadou unha medalla de bronce máis que meritoria, tras facer un magnífico campionato, deixando fóra, en cuartos de final, nada menos que ao doble campión de España e terceiro de Europa, Iker Abad.

Samuel caería pola mínima en semis, pero dende o equipo técnico do Clube Maniotas amosan o seu orgullo polo éxito acadado nesta, ademais proba puntuable para o Ranking Nacional e Galego, e na que estiveron mellores deportistas do Taekwondo nacional.

Samuel continuará agora a súa formación no Centro Galego de Técnificación Deportiva en Pontevedra, onde adestra e estuda 1º de Bacharelato gracias a unha beca da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Taekwondo.

Comentarios