Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba lanza a novedosa carrreira Clásica Gandeira

Santa Comba lanza a novedosa carrreira Clásica Gandeira

O 21 de abril terá lugar a primeira edición da Nestlé Clásica Gandeira, onde o Concello de Santa Comba, co apoio da multinacional alimentaria a través da súa sección en Galicia “La Lechera”, levará a cabo este evento que tratará de reunir a máis de medio millar de atletas en Santa Comba.

Unha carreira que nace cos obxectivos de visibilizar as singularidades do sector gandeiro xalleiro a través dun gran evento deportivo que percorerrá zonas de clara influencia da economía gandeira, motor económico de Santa Comba, incluso coa singularidade de atravesar unha explotación gandeira durante o seu proceso de produción.

A concelleira de deportes Silvia Cancela considera que a aposta por facer unha carreira pedestre é algo que estaba pendiente. E a través desta iniciativa novedosa tratarase de consolidala para os vindeiros anos.

A proba, na que tamén están implicados o Club Atletismo Xallas e outras asociacións, abriu esta semana o seu plazo de inscrición e ata o vindeiro día 18 de abril. Haberá categoría de 3k aberta a todas as idades. De 10 K que será a percorra zonas de Fontecada e Alón, especialmente vinculadas ao sector gandeiro. Tamén haberá categorías para os máis pequenos (pitufos, benxamín, alevín, e infantil).

Clasica Gandeira de Santa Comba

Inscricións

A inscrición pódese facer www.emesports.es. O precio é de 4 euros para a categoría de 3K e de 7 euros para a de 10 k. Nenos gratis.

Novas relacionadas

Comentarios