Serena Díaz compite en The Summit New York esta fin de semana
Segue triunfando, a nivel mundial, a familia do Club Arte e Movemento. Hai apenas un mes estaban gañando unha ducia de medallas no Mundial de Bailes Caribeños, e xa pensa na próxima cita internacional, que será, nada menos que en New York. Alí estará este próximo sábado 17 de xaneiro e luns 19 de xaneiro, Serena Diaz Toba, para participar en The Summit.
A deportista de Rendemento de Base recoñecida pola Xunta de Galicia dende o ano 2022 polos seus resultados internacionais dos ultimos anos, viaxa xa este xoves acompañada pola sua entrenadora e nai Graciela Toba.
Tras haber logrado o título de Campiona de España ano tras ano dende o ano 2020, Serena logra clasificarse para participar neste Open Mundial de tanto prestixio internacional, sendo a única participante española no seu grupo de idade. De feito, Serena ven de acadar o posto 7 de entre 65 participantes no mundial 2025 en decembro, celebrado en Turquia, na categoria 12-15 anos, sendo o seu primeiro ano nesta categoría de idade e con solo 12 anos de idade.
Serena competirá en Under 12 Bachata e Salsa en dous formatos distintos:
- O sábado compite en Show Case
- O luns en formato All In
A competición poderá seguirse por streaming a traves do canal de youtube do evento, e todos os compañeiros do seu clube Arte e Movemento estarán pendente da súa actuacion.





