Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Silvia Bermúdez, Jorge Espasandín e Alex Borrazás, campións de España de Quiddich cos Dementores

  • Os bergantiñáns clasificáronse para a Champions do Quiddich
Silvia Bermudez e Jorge Espasandin campions de Espana de Quiddich cos Dementores
Os carballeses Silvia Bermúdez e Jorge Espasandín proclamáronse campións de España de Quiddich cos Dementores
Silvia Bermúdez, Jorge Espasandín e Alex Borrazás, campións de España de Quiddich cos Dementores

Esta pasada fin de semana os Dementores Quiddich Team da Coruña proclamáronse campións da Copa de España. Despois de caer derrotados nas dúas últimas finais, contra Lumos Compostela e Madrid Lynx, á terceira, o cadro herculino conseguiu alzarse coa copa deste singular deporte, que nace nas novelas de Harry Potter, e que foi adaptado á realidade hai apenas 15 anos dende EEUU.

Os Dementores, que contan tres bergantiñáns nas súas filas (pronto contarán tamén coa malpicá Antía), sumaron 5 vitorias en 5 partidos, na Copa celebrada en Vizcaia, vencendo nunha final tremendamente reñida aos Malaka Vikings, de Málaga por 230-170.

O cadro herculino conseguiu así a súa clasificación como único representante do quiddich estatal no vindeiro campionato de Europa EQC1.

Os nosos representantes, os carballeses Jorge Espasandín e Silvia Bermúdez e o coristanqués Álex Borrazás (cos que xa falamos en maio), que non puideron estar no Campionato de Europa celebrado este pasado mes de maio, disfrutaron a tope da experiencia de vivir un campionato estatal, como o que iso conleva.

Alex Borrazas co7 nos Demetores Quiddich
Álex Borrazas, co 7, cos Demetores Quiddich

A nivel deportivo, houbo de todo. Silvia sufríu unha lesión no xeonllo na segunda xornada, pero ficou apoiando cada partido. Notouse a súa baixa pois sempre ten que haber un número igualitario de homes e mulleres sobre o céspede e a súa participación era notable.
Jorge tivo protagonismo en todo os partidos, ata na final sendo un dos claves metendo os goles en momentos imporantes e facendo placaxes fundamentais.
Pola súa parte, Alex foi un dos que xogou un pouco menos, pero sempre estivo apoiando.
Os tres xogan na posición de “cazadares”, digamos como aleros intentando tapar pases por banda; se ben Jorge tivo que facer algunha vez de “keeper” para facer placaxes baixo aro.

Unha experiencia espectacular

Dementores da Coruna campions de Espana de Quiddich

Silvia Bermúdez cóntanos que “ao igual que o ano pasado foi unha experiencia moi enriquecedora e moi produtiva, pois a algúnd xogadores xa os coñecíamos, pero a outros non, e puidemos entablar novas relacións, e mellorar as que xa tiñamos, pois este ano puidemos compartir aloxamento con outros equipos e nas horas libres estabamos todos xuntos falando, xogando... Tamén foi enriquecedora polo propio lugar, pois, a pesar de ser pouco tempo, si que nos dou tempo a facer turismos e coñecer algo a zona”.

En canto ao xogo, Silvia valora que “este ano creo que tiñamos novas estratexias de xogo, as cales contribuiron e facilitaron o poder gañar este magnífico título, pero sobre todo, o poder contar cun adestrador como o é Arturo Patiño, foi o que, sen duda, nos levou ata o podio, pois ademais das novas xogadas, organizacións... El contribiu sobre todo á hora de poder manter a calma nas etapas finais e conseguir manter a concentración”.

A figura de Arturo tamén é destacada por Jorge, que tamén quere valorar o traballo Iago, Ignacio ou Ramón, outras das almas do club. Espasandín define a experiencia como “magnífica. Estivemos como grupo como nunca, gracias ao míster Arturo, que soubo manexar o grupo perfectamente, e soubo tranquilizarnos nos momentos importantes. O compañerismo e amizade que temos entre todos iso axuda moitísimo á hora de xogar e compenetrarse. Gañar este título foi marabilloso, non sei nin como explicalo, tivemos a venganza despois da derrota da final do ano pasado”.

Novas relacionadas

Comentarios