domingo. 01.12.2024
El tiempo

Somoza pide investigar o procedecemento da Autovía ante posibles delitos de prevaricación, falsificación de documentos e malversación de fondos públicos

Somoza pide investigar o procedecemento da Autovía ante posibles delitos de prevaricación, falsificación de documentos e malversación de fondos públicos
berdoias A explanación da Autovía da Costa da Morte está realizada ata Berdoias

Dende o 23 de xullo de 2003 leva aberto o expediente da chamada “Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte”. 16 anos despois seguimos esperando o remate dunha infraestrutura vital para o desenvolvemento económico da bisbarra, pero as promesas foron confundíndose con mentiras para rematarmos como estamos: con media infraestrutura inaugurada, e dela unha parte reconvertida en corredor.

O proxecto inicial fíxose dende Carballo a Fisterra, e ano a ano dende aquel 2003 (a excepción dos 2013, 2014 e 2015) os orzamentos de cada ano levan publicado diferentes partidas para esta fallida obra. De feito, nos orzamentos do 2019 volve aparecer un repetido millón de euros (para o treito de 5,5 km de corredor entre Baio-Vimianzo), asegurando que só está executado un 6% da obra. “Hai cousas que non se entenden. Por que se orzamentas partidas que logo non se executan? Onde está a oposición para controlar a execución dos orzamentos?”, pregúntase Víctor Somoza, candidato de Unión Cidadá Galega para Cee.

”Ao noso entender a obra está executada un 25%, contando coa explanación que está feita ata Berdoias. Polo tanto aí falta información ou faltan cartos, por iso pedimos o acceso ao expediente antes de proceder á denunciar ante a Fiscalía”, avisa.

Somoza vén de realizar un completo informe que serve de escrito a Axencia Galega de Infraestruturas e á Interventora Territorial Delegada da Coruña do goberno estatal, no que solicita toda a información dos expedientes antes de proceder á denuncia formal por presuntos delitos de prevaricación, falsificación documental, financiación ilegal do PP de Galicia, e malversación de caudais públicos.

Somoza lamenta o continuo retraso, as paralizacións, as rescisións de contratons coas conseguintes… Non entende que se sinalen orzamentos que despois non se van executar, e mesmo sospeita que poden terse duplicado expedientes e pagado dúas veces polos mesmos conceptos, como a vixilancia, entre outros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-autovia-costa-da-morte-a-segunda-menos-utilizada-de-toda-galicia/  

A historia da Autovía Costa da Morte

Comentarios