Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un subcampionato Galego por unha Canle oficial no río Xallas

Familia do Club Piraguismo Dumbria subcampion Galego de Slalom con Quique Portela
Familia do Club Piragüismo Dumbría, subcampion Galego de Slalom, co seu adestrador Quique Portela
Un subcampionato Galego por unha Canle oficial no río Xallas
Un subcampionato Galego por unha Canle oficial

O campo de slalom do Couquiño, no Río Xallas, acollía esta fin de semana os Campionatos Galegos de Promoción de Slalom de base. O club anfitrión, o CDM Piragüismo Dumbría, aproveitaba para seguir petando portas para a creación dunha Canle oficial que lle permita acoller probas internacionais. E que mellor que un Subcampionato Galego por Clubes para alzala voz.

Nun percorrido moi técnico e que aproveitaba moi ben as muitas posibilidades que dá o Río Xallas, os deportistas tiveron bastantes dificultades para completar correctamente tódalas portas pero demostraron o bo nivel do slalom nas categorías dos máis pequenos.

Na competicion por clubes foi o Clube Montaña Quixos de Monforte de Lemos o que se impuxo, por diante do CDM Piragüismo Dumbría, e do Club Piragüismo Penedo de Caldelas de Tui.

O subcampionato dos costeiros apoiouse no bó papel dos seus deportistas, pero sobre todo na categoría alevín, onde Xesús Pena Cundíns, Minchi, foi un dos grandes triunfadores do campionato, cos seus dous títulos de Campión Galego de Piragüismo, tanto na modalidade de kayak coma na de canoa. Na mesma categoría, pero entre as rapazas, Sara Fernández Romar e Aroa López Piñeiro foron plata e bronce respectivamente, e tamén nas dúas modalidades. Laura Caamaño foi bronce no K1 infantil femenino.

No resto da paticipación do CDM Piragüismo Dumbría estivo cerca dos postos de podium coma no caso de Sabela Corbelle, Martín Romar, Xián Caamaño, Roque González, Brais Sánchez ou o doble medallista nos Camponatos de España, Martín Fernández Romar, que non tivo a súa mellor fin de semana.
Pola súa banda Xoel Soto ou Álvaro Herrero debutaban en competición facendo un papel moi digno tendo en conta a alta dificultade do percorrido.

A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría e a última proba da Copa Galega de Slalom, que terá lugar na vila pontevedresa de Mondariz.

Novas relacionadas

Comentarios