Martes. 11.05.2021
El tiempo

O triunfo no Duatlón de Reis quedou en Vimianzo

  • O vimiancés, Gabriel Castiñeira Pais, convértese no gañador absoluto da XII edición do Duatlón de Reis.
  • Na categoría feminina, María del Mar Delgado González (do Club Tríatlon Ferrol)
XII_duatlon_vimianzo_4 copia
O triunfo no Duatlón de Reis quedou en Vimianzo

Pelexado foi o XII Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo. O día pasado por auga meteulle máis dificultade ao circuito vimiancés, pero non impediu que se celebrase esta esperada proba. Os 120 participantes, que completaron as prazas en apenas 2 horas dende que se abrira o prazo de inscrición, disfrutaron ao máximo da volta á competición.

Como novidade con respecto a outros anos, e por protocolo COVID-10, os e as deportistas saíron de dous en dous cada vinte segundos, garantindo, en todo momento, a distancia de seguridade. O tempo foi a chave.

O triunfo finalmente quedou na casa. O vimiancés, Gabriel Castiñeira Pais, converteuse no gañador absoluto do XII Duatlón de Reis. Este veciño, que competiu co Club Tríatlon Costa da Morte -campión galego por equipos-, acadou o primeiro posto nun tempo de 1:23:04. 2º foi MarcosMayo (Triatlon O Trieto) e 3º Adrián Rojo (Triatlón Inforhouse Santiago).
Na categoría feminina, María del Mar Delgado González -Club Tríatlon Ferrol- foi a primeira en alcanzar a liña de meta cun tempo de 1:4855.

O Vimiances Gabriel Castineira triunfa no XII_duatlon_vimianzo_1 copiaPodio Feminino no XII_duatlon_vimianzo_2 copia

Ademais dos dous gañadores en ambas as categorías -masculina e feminina-, o Duatlón de Reis contou coa participación de deportistas da talla de María Martínez, campioa absoluta feminina do XI Duatlón de Reis 2020; David Calzas (o vimiancés do Triatlón Costa da Morte, que gañou en varias edicións, que foi 4º) ou Marcos Mallo, campión galego.

XII_duatlon_vimianzo_3 copia

Novas relacionadas

comentarios