Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coristanco acollerá a VI Carreira Pedestre de Costa da Morte

Coristanco acollerá a VI Carreira Pedestre de Costa da Morte

Coristanco acollerá o próximo sábado 26 de maio a VI Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte, que organizan o Grupo Correo Galego e o Concello de Coristanco. Será a primeira das dúas probas que a comarca de Bergantiños acollerá estes meses antes que a Carreira Popular de Carballo do 27 de xuño.

A proba coristanquesa estará estruturada en tres carreiras, unha de adultos, outra de infantís, cadetes e xuvenís, e unha terceira de alevíns e benjamines. O pistoletazo de saída darase ás 17.00 horas coa carreira de adultos, que terá un percorrido de 10 quilómetros pola contorna do centro urbano de Coristanco. Ás 18.35 horas partirán os corredores de categorías infantil, cadete e xuvenil, que deberán percorrer 5 quilómetros, e cinco minutos despois farano os alevíns e benjamines por un trazado de 1 quilómetro.

A organización repartirá máis de 3.000 euros en premios, ademais de numerosos trofeos e agasallos. Os gañadores das categorías absolutas masculina e feminina recibirán 600 euros; os segundos clasificados 450; e os terceiros 300€. Ademais, haberá un premio de 150 euros para os mellores corredores nacidos en Costa da Morte e outros 150 para o primeiro clasificado que naza en Coristanco. Tamén se entregará un trofeo e 150 euros ao centro escolar con maior número de alumnos na liña de meta.

Inscricións

Os interesados en participar poden inscribirse ata o día 23 de maio, vía on-line a través da dirección http://carrera.elcorreogallego.es. Tamén poderán facelo dirixíndose á delegación do Grupo Correo Galego, de Cee, no edificio de servizos múltiples de Coristanco, ou chamando ao teléfono 981 747718.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Correo Gallego.

Comentarios