![]()
Imaxe da xornada matutina escolar no San Paio de Refoxos-Foto-Juan Trillo
O pasado venres foi un deses días nos que o atletismo se convirte en auténtico protagonista. Mentres a familia do AD Olimpia participaba na fase comarcal, o San Paio de Refoxos acollía unha espectacular xornada escolar, nada menos que con 800 participantes de 15 centros educativos de toda a comarca, ademais do propio club deportivo ceense.
E iso que facía un frío que pelaba, cousa que non impediu que ducias de familias acompañasen aos seus pequenos e pequenas nesta xornada de deporte e disfrute, onde a competitividade é o de menos.
![Cheo no San Paio de Refoxos para a xornada escolar-Foto-Juanma Trillo]()
Cheo no San Paio de Refoxos para a xornada escolar-Fotos-Juanma Trillo
Bo papel do Olimpia nos campionatos comarcais
![Familia do AD Olimpia nos provinciais]()
Familia do AD Olimpia nos comarcais
Xa pola tarde, a competición volvía ao campo ceense coa fase comarcal de campo a través en categoría escolar na que participaron en torno a 700 rapaces e rapazas en categorías Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes. A representación máis numerosa correspondeu a Asociación Deportiva Olimpia que presentou na liña de saída en torno a 70 atletas en idade escolar, mostrando a boa labor que está realizando a asociación no fomento do deporte entre os máis novos.
Ademais dunha alta participación, os resultados obtidos foron excepcionais pois a A.D. Olimpia conseguiu o primeiro posto por equipos en tódalas categorías agás na categoría Infantil Masculino na que foi terceira. A nivel individual conseguíronse 5 primeiros postos, 4 segundos postos e 3 terceiros postos.
En Benxamín Femenino, Carolina Rojo foi 1ª
En Benxamín Masculino, Mateo Fernández foi 2º
En Alevín Feminino, Liana Quintela, Martina García e Sabela Carreira ocuparon as tres primeiras posicións
En Alevín Feminino, Juan Castiñeira e Pablo Taboada foron 2º e 3º
En Infantil Feminino, Sonia Canosa e Laura Castiñeira foron 1ºª e 3ºª
En Cadete Feminino, Julia García e Antía Lagoa foron 1º e 3ª
Finalmente en Cadete Masculino, Miguel Quintáns foi 1º.
Vindeira proba para o cadro ceense
Debido a estes bos resultados a A.D. Olimpia foi quen de clasificar a un total de 49 atletas para a fase intercomarcal que terá lugar o vindeiro venres 25 de xaneiro en Porto do Son, e onde seguramente volva a ser o clube máis numeroso da competición.
O atletismo escríbese en nome de muller
![Atletas do Olimpia nos provinciais]()
Atletas do Olimpia nos comarcais
Outro detalle que salienta Jose Lago, coordinador do Olimpia é que do total de 49 atletas clasificados para a seguinte fase, máis dun 60% correspondente a atletas da categoría feminina o que pon de manifesto que o deporte feminino, e máis concretamente o atletismo, está en auxe e vai a máis cada día, e "para a A.D. Olimpia é un orgullo contribuír a que isto continúe deste xeito".
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-olimpia-segue-correndo-con-combustible-de-bazarra/
https://quepasanacosta.gal/o-olimpia-e-rocio-alvite-premiados-no-v-circuito-provincial-de-carreiras-populares/
https://quepasanacosta.gal/comeza-unha-nova-e-ilusionante-temporada-para-a-familia-do-olimpia/