Unai Larragaña incorpórase á Selección Española de Volei para xogar contra Túnez e na Golden European League

O pasado mes de abril aproveitabamos a súa convocatoria para facer un repaso pola súa traxectoria. Hoxe contamos que o dumbriés Unai Larrañaga volveu a ser convocado coa selección española para a preparación da Golden League. Faino en substitución de Aharón Gamiz, líbero de CV Teruel, que por motivos persoais tivo que deixar a concentración que os RedLynxes (alcume que ten a selección española) en Guadalajara.
Logo de pasar as probas médicas pertinentes e a PCR preceptiva xa está adestrando co grupo. O combinado prepara o desprazamento a Túnez o día 15 de maio para a disputa dun bilateral amistoso ata o día 21 de maio, contra o conxunto africano antes de emprender viaxe a Estoniana e Letonia para as dúas xornadas da Golden European League ante as seleccións de Bélgica, Estoniana e Letonia.
A selección masculina quedou encadrada no grupo A, xunto coas seleccións de Bélgica, Estoniana e Letonia. España terá que desprazarse do 28 ao 30 de maio en Estoniana e do 4 ao 6 de xuño en Letonia para a disputa dos dous torneos de clasificación, mentres que en caso de acceder á Final Four esta tería lugar na cidade belga de Kortrijk (Cortrique) do 19 ao 20 de xuño.
Por aí viaxará o noso xogador.
Novas relacionadas
- Abil 21: O costeiro Unai Larrañaga, convocado coa Selección Nacional de Volei.
- 2017: Unai Larrañaga, anfitrión da Selección Galega de Volei Praia no Ézaro.
- Marzo 2017: O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española.
- Xullo 2016: Unai Larrañaga leva á Selección Galega ao 5º posto do Campionato Nacional de Volei Praia.