Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vari@s pilot@s costeir@s afrontan con ilusión o Rally da Casa

O Citroen G2 de Javi Larino Waldomar
O Citroen G2 de Javi Lariño Waldomar
Vari@s pilot@s costeir@s afrontan con ilusión o Rally da Casa

Trala vitoria de Víctor Senra no Rallly da Coruña, o Campionato de Galicia de Rallyes afronta xa a súa segunda data puntuable coa disputa, dende este venres 14 de abril, do Rallye Berberecho de Noia, unha das citas máis veteranas do certame con 120 equipos na liña de saída.

Como lle dicimos na Costa, o “Rally da Casa” no que entre os 121 inscritos atopamos vari@s pilot@s costeir@s.

Na zona alta non faltarán os Senra. Co nº1 sae o gran favorito, Víctor Senra e David Vázquez Liste (Yacar Racing) co Citroen C3 WRC (nº1), que volverá loitar con Meira polo título. Entre os primeiros quedará seguro seu pai, Manuel Senra e Faus Suárez (Senra Sport) co Peugeot 306 Kit Car (nº7).
Non poderá estar na cita o ceense Heri Atán, que non chegou a tempo co coche, pero si o estará a comitiva carnota: Javier Lariño Waldomar e Fran Piñeiro (AR Vidal Racing) co Citroen G2 GT (nº44); e Evelyn Solares escoltada por David González Carou (Berberecho) no Suzuki Swich Sport (nº94).
Tamén partirá da grella de saída o mazaricán Javier Ramos Grille e Santi Nieto (Ourense) co seu Ford Sierra RS Cosworth (nº8)
E completa a participación costeira o santiagués con familia de Lariño José Manuel Lamela Lojo e Daniel Pérez (Yacar Racing) co Skoda Fabia N5 (nº9).

Para Waldomar é unha proba especial esta. “Saímos co coche revisado ó 100% despois da rotura de un palier fai unha semana no rali da Coruña. Neste queremos un bo resultado porque é o rali "da casa" asi que temos que dalo todo”, cóntanos.

Algo máis nerviosa afronta Evelyn esta proba tan especial. "Segundo rally da casa para nós pero desta vez con coche novo e máis ganas que nunca. Cada rally vou levando mellor os nervios así que buscamos ir cada vez máis seguros e decididos en cada tramo", cóntanos.

Programa Horario do Rallye Berberecho de Noia:

Venres, 14 de abril

  • TC1 – Autos Patiño // 19:20 horas.
  • TC2 – Transportes El Jaime // 20:00 horas.

Sábado, 15 de abril

  • TC3 – Vruma Kayaks // 08:55 horas.
  • TC4 – Caeiro Metal // 09:25 horas.
  • TC5 – Vruma Kayaks // 12:10 horas.
  • TC6 – Caeiro Metal // 12:40 horas.
  • TC7 – Pavimento Noia // 16:30 horas.
  • TC8 – Excavaciones M.Rodríguez // 16:50 horas TC9 -- Pavimento Noia // 19:00 horas.
  • TC10 – Excavaciones M.Rodríguez // 19:20 horas.
  • Entrada parque pechado final do Rally // 19:45 horas.

Novas relacionadas

Comentarios