domingo. 10.11.2024
El tiempo

O Volei Dumbría non pode cun dos favoritos no regreso de Unai ao Conco

Foi un retorno amargo o do Volei Dumbría á competición oficial, xa que se viu superado ampliamente por un Téxtil Santanderina que parte como un dos favoritos da cateogría e que amosou estar un pasiño por enriba dos do Conco.
Voley Dumbría - Téxtil Santanderina (0-3)
Voley Dumbría - Téxtil Santanderina (0-3)
O Volei Dumbría non pode cun dos favoritos no regreso de Unai ao Conco

Volvía a Superliga 2 ao pavillón do Conco e o facía con varias razóns que facían desta fin de semana un momento especial. A primeira é máis importante é que, por fin, podía volver o público case por completo as bancadas do polideportivo dumbriés. E vaia se o fixo. Sobre 200 espectadores puideron desfrutar da élite do voleibol nacional, incluso cunha pequena, pero sonora representación da afección visitante. Outra das razóns é que por primeira vez, os alí presentes non atoparon a Luis Alberto no banco local, senón que estaban David Rama, Xaco e Fedello, que completaban as instruccións que mandaba Néstor dende a pista, como el mesmo nos contaba esta semana. E, por suposto, a razón de ver a Unai Larrañaga de volta ao Conco, esta vez con outra camiseta, despois de consolidarse este verán como un dos líberos da selección española.

En canto ao encontro, máis alá do primeiro set, non houbo moita historia ante un Téxtil Santanderina que foi superior en tódolos aspectos. Non obstante, como dicíamos, os dumbrieses lograron unha gran remontada nunha primeira manga na que despois de ir 12-20, chegaron a meterse 21-23, aínda que os doce erros cometidos en ataque remataron por ser moitos para conseguir gañalo.

Outra vez tiveron que tirar de épica no segundo, onde logo de comezar gañando os primeiros puntos, recibiron un forte parcial que colocou o marcador en 4-10. Cun gran Néstor na rede chegaron a aproximarse ata o 8-11, pero a superioridade santanderina volveuse a notar para marcharse ata un 12-17 que xa non foi salvable pese ao bo momento que atravesou Álex Vásquez, que achegou aos locais a tres puntos co 18-21. 

Onde xa non foron quenes de loitarlle o dominio aos visitantes foi na terceira manga, onde o equipo de Unai foi tremendamente superior tras un comezo no que xa se colocaron 2-6. Chegou o Dumbría ao 10-12, pero a partir de entón os santanderinos subiron o ritmo ata pechar o partido co 16-25 definitivo.

Cabe destacar os debuts no Volei Dumbría das súas novas fichaxes: Álex Vásquez, Rubén Martínez e Renzo Mendiza, que chegou esta mesma semana á Costa da Morte. Todos, de seguro, aportarán moito para un equipo que visitará Cáceres para enfrontarse ao Extremadura Grupo Laura Otero o vindeiro sábado.

Comentarios