Martes. 19.03.2024
El tiempo

#EntrevistaQPC Néstor González, novo adestrador do Volei Dumbría: "Non somos favoritos, pero xogando ben estaremos arriba"

Tras moitos anos sen parar, Luis Alberto decidiu esta tempada tomar un respiro e deixar o seu cargo de adestrador no Volei Dumbría de Superliga 2 para poder conciliar mellor a vida persoal coa laboral. O seu posto o asumirá Néstor, que xa se encargaba dos adestramentos o ano pasado e que terá que levar agora ao equipo coa axuda doutros compañeiros, como Fedello, David Rama ou Xaco.
Néstor González Jérez
Néstor González Jérez
#EntrevistaQPC Néstor González, novo adestrador do Volei Dumbría: "Non somos favoritos, pero xogando ben estaremos arriba"

"A tempada pasada foi moi complicada e esixente polo Coronavirus e optei por tomarme un respiro, aínda que axudarei en todo o que poida", cóntanos Luis Alberto, o artífice de que o Volei Dumbría leve xa anos instalado na elite española do deporte. Continuará traballando na base, centrado en mellorar a ese prometedor equipo cadete que vén de ser subcampión de España, pero deixará o sénior en mans de Néstor González, que logo de cinco tempadas no Conco, afronta este ano o seu maior reto.

O venezolano, que xa exerce de adestrador na base do club dumbriés e da federación galega, terá que compaxinar o ser xogador referencia do equipo con ordenar e corrixir aos seus compañeiros. Unha labor para a que contará coa axuda doutros tres xogadores da casa, como Fedello, David Rama ou Xaco. Estes dous últimos serán de especial importancia, pois encargaranse de ver dende fóra o que a Néstor lle é imposible ver dende dentro nos partidos.

Falamos co novo míster de como se presenta unha tempada que comeza este sábado (18:30, no Conco) e para a que se veñen de reforzar con tres fichaxes. Da súa completa adaptación á nosa Costa da Morte ou de como o club axudou a expandir un deporte case inexistente por toda a bisbarra.

 

Comentarios