Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xan Lamas, o carballés que aguanta máis de 5 minutos debaixo da auga

recepcion_xan_lamas Concello Carballo
O Concelleiro de Deportes Marcos Trigo e o alcalde Evencio Ferrero recibiron a Xan Lamas
Xan Lamas, o carballés que aguanta máis de 5 minutos debaixo da auga

Un dos mellores mergulladores deportivos de Galicia é carballés. O Concello quixo recoñecerlle cunha recepción oficial o seu último éxito no Campionato Galego de Apnea Indoor. Xan Lamas Serrano conseguíua dúas medallas de ouro e unha de prata na proba celebrada en Pontevedra, e xa pensa no Campionato de España en Profundidade, que se disputará en setembro en Lanzarote.

O carballés fixo na modalidade de apnea dinámica sen aletas nada menos que 102 metros, e con monoaleta chegou ata 150 metros, valéndolle as dúas medallas de ouro. Na proba estática, os 5’14’’ valéronlle a prata, entrando con estas cifras entre os 8 mellores de España.

Lamas leva 9 anos practicando pesca submarina, e 4 facendo apnea deportiva. Xa leva varias medallas nos campionatos galegos e leva anos entre os 10 mellores merguladores do estado.

Comentarios