Venres. 30.10.2020
El tiempo

Un xeque catarí, tricampión do Rally Dakar, entre Pasarela e Fisterra

Nasser Al Attiyah, á esquerda, con Jacinto Picallo (no centro) no Semáforo de Fisterra
Nasser Al Attiyah, á esquerda, con Jacinto Picallo (no centro) no Semáforo de Fisterra
Un xeque catarí, tricampión do Rally Dakar, entre Pasarela e Fisterra

Campión Olímpico de tiro ao prato, e 3 veces campión do Rally Dakar, o xeque catarí Nasser Al Attiyah achegouse pola Costa da Morte ao longo desta semana. Este membro dunha das principais familias de Qatar, primo irmán do actual Emir, achegouse ata Pasarela para alugar un coche de AR Vidal para correr o Rally de Arzúa.

Unha nova demostración de que o taller de AR Vidal, no lugar de Pasarela (Vimianzo, é un dos centros de produción de coches de ralli máis importantes do mundo.

O catarí aproveitou a xornada para pasar a noite no Semáforo de Fisterra, e poder os ricos peixes da nosa comarca.

comentarios