Zas, capital galega do tenis de mesa
Gran participación costeira nos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa celebrados esta pasada fin de semana no pavillón de Zas. A vila zaseira, xa toda unha referencia a nivel estatal en toda Galicia, convertiuse no corazón do país durante a pasada fin de semana. Aínda sen debullalo xa ten a mente posta nos Campionatos Provinciais, qeu tamén acolle o pavillón zaseiro.
Os galegos foron un bule-bule de actividade. O primeiro día as categorías prebenxamín e infantil foron unha verdadeira feira de nervios e sorrisos, tanto dos pequen@s como dos seus acompañantes. Unha alegría que se trasladou á hora de comer ao hostalería do Concello, a gran beneficiada destes eventos.
O domingo foi tempo das categorías alevíns e sub23, máis acostumados a este tipo de competición. En total uns 400 deportistas disfrutaron da boa acollida da familia do tenis de mesa soneirá, organizada pola Federación Galega e o AD Zas, en colaboración co Concello, que proporcionou auga e froita os dous días e uns trofeos que recibiron as alabanzas de tod@s polo diseño e o material.
Deportivamente, os equipos comarcais tiveron bos resultados:
- En discapacitados: 3º posto de Nicolas Paz de VTM Vimianzo.
- En Prebenxamín: 2º posto da parella de AD Zas formada por Jairo Suarez e Óscar Raña.
- En Infantil femenino: 3º posto de Laura García de Vimianzo TM.
- En sub 23 masculino: 3º posto de Brais García de Zas, está no club Oroso TM.
- En dobres femeninos sub23: 3º posto das Irmáns Ana e Laura García de Zas (equipos Illas Cies e Vimianzo TM).
Provinciais
Así, este sábado 14 mais tenis de mesa en Zas cos Campionatos Escolares Provinciais, con presencia de xogadores de Narón, Coruña, Noia, Outes, Santiago, Cee, Ames, Camariñas e por suposto de Zas. Tod@s confraternizaran nunha comida conxunta nun restaurante da localidade.
Novas relacionadas
- Miguel Rey e Brais Blanco, campións do Torneo Aberto de Vila do Conde coa Selección Galega de tenis de mesa.
- Só o VTM Aluminios Xeal consegue a vitoria na fin de semana do tenis de mesa soneirán.
- Marzo 22: O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional.
- Marzo 22: A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas.
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..