Martes. 19.03.2024
El tiempo

Zas volverá acoller un novo Trail-Andaina Nocturno Cova do Lobo

Presentacion Trail Nocturno Cova do Lobo
Presentacion Trail Nocturno Cova do Lobo
Zas volverá acoller un novo Trail-Andaina Nocturno Cova do Lobo

Moi gusta por Zas o tema trail. Despois do Trail da Filloa deste febreiro, e do éxito da edición do ano pasado, xa está en marcha a II edición do Trail–Andaina Nocturno Cova do Lobo que se disputará o vindeiro 10 de agosto.

Trátase dun evento deportivo non competitivo con tres probas diferentes e abertas a toda a veciñanza: un trail, unha andaina e un pequetrail. Tres probas para dar a coñecer as paisaxes e o patrimonio zaseiro a todo o mundo, como explicaron David Fernández, da Asociación Deportiva Monte Brondo, e o alcalde Lolo Muíño.

O trail nocturno constará de 15 quilómetros de percorrido por distintos sendeiros do municipio de Zas; dos cales o 95% é monte. A saída será ás 22:00 horas da praza do Concello de Zas.
Na andaina nocturna, duns 10 quilómetros, poderán participar toda a veciñanza. A saída será ás 22:05 horas.
No caso do pequetrail, as saídas serán ás 20:30h e 21:00h e haberá dúas categorías Cachorros (de 5 a 10 anos) e Lobeznos (de 11 a 15 anos).

InscriciónsII Trail Nocturno Cova do Lobo Zas

Os/as interesados en participar poden anotarse a partir de mañá ás 22:00 horas a través da plataforma Galitiming no seguinte enderezo: trailnocturnozas.galitiming.com/.

Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción dá dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e cea a base de paella para todos/as os/as participantes.

Novas relacionadas

Comentarios