xoves. 01.05.2025
El tiempo

O XIX Simposio Pondaliano encherá de cultura os martes de outubro a aldea do Couto

O XIX Simposio Pondaliano encherá de cultura os martes de outubro a aldea do Couto
programa XIX Simposio Pondaliano 2017

A Fundación Eduardo Pondal volve cos seus interesantes foros de reflexión. Desta volta co XIX Simposio Pondaliano que encherá de citas a aldea do Couto os martes de outubro, a partir das 18:30h na sé da fundación.

As citas comeza o martes 3 de outubro, con “Lingua de Ouro”, unha cita con Víctor Fernández Freixanes falando da saúde da lingua e da literatura galega, e con Manuel Ferreiro, que presentará a Antoloxía de Pondal.

Para o martes 10 de outubro serán Ramón Villares e Antonio de Raúl de Toro Santos os que realicen unha mesa redonda sobre “O Celtimos de Pondal”. E depois da pausa, actuación musical dos Muiñeiros do Sarela.

O martes 17 de outubro será aberto polo membro da RAG Xosé Henrique Monteagudo que falará sobre Carlos Casares. Ademais, a xente do CEIP Labarta Pose, do VVAA e do Club de Ciencia de Ponteceso traerán as súas boas experiencias.

O martes 24 de outubro é tempo para Félix Neira, e para a presentación dun vídeo sobre Pondal feito por Asubío Media. Ademais, a tarde rematará co recital poético de Marilar Alexandre.

E xa para rematar, Antonio Reigosa abrirá a tarde do martes 31 de outubro, que rematará coa lembranza do himno galego 110 anos despois, e coa presentación do libro-dvd “Queimán e Pousa”.

Cultural de primeiro nivel para a aldea das letras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios