Venres. 29.03.2024
El tiempo

20 anos de Ciclo de Teatro en Ponteceso

20 anos de Ciclo de Teatro en Ponteceso
XX Ciclo de Teatro de Ponteceso 2013

20 anos son moitos e por iso Ponteceso ponse de gala para celebrar o XX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso. Un ciclo que terá lugar os sábados deste mes de novembro, no salón de actos da Asociación Monte Branco, no Couto. Un Ciclo que colle o relevo do FIOT, que aínda non remata que o faga outubro, i é que o teatro é auténtico protagonista cultural do outono.

E para celebralos 20 anos de teatro pontecesán, o Concello e a Asociación pontecesán prantexa un mes de novembro de calidade. Teremos triple sesion con Talía Teatro, pensando nos maiores e tamén nos pequenos; teremos á compañía Malasombra producións e máis AContraButaca. Ademais, parece que "A Familia Pindirico" aparecerá e dará máis que unha sorpresa polas rúas da vila...

Precisamente será Talía Teatro quen abra a Mostra o sábado 2 de novembro, ás 22:30h, coa obra "O Método Gronholm", unha especie de dura e eterna entrevista de traballo das que agora fan as grandes compañías.
O sábado 9 de novembro, ás 22:30h, toca "Misions Sapiens. Operación Comedia", de Malasombra Producións, con grandes da tele e do teatro galego como Luís Iglesia, Marcos Orsi e Xabier Deive (de Matalobos).
O sábado 16 de novembro, tamén as 22:30h, toca cita con AContraButaca e o seu espectáculo "Dous son Parella", onde o humorista Isi e Patricia Vázquez, ambos moi coñecidos na TVG, traen un conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella.

O Ciclo pecha o día 23 de novembro con dúas obras de Talía. Ás 19:00h será Marta Ríos a que presente os "Mundos Contados" que creou Paula Carballeira. E de seguido, ás 19:00h, serán Diego Rey e Dani Trillo os que traian as aventuras de "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)", unha obra para todos os públicos.

Xa poden reservar as entradas (a 3€) na Tesourería do Concello, ou agardar ao propio día da función.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios