Martes. 23.04.2024
El tiempo

20 desempregadas asisten a un Curso de Auxiliar de Xerontoloxía en Ponteceso

20 desempregadas asisten a un Curso de Auxiliar de Xerontoloxía en Ponteceso

Onte 5 de marzo, dou comezo o Curso de Auxiliar de Clínica e Xerontoloxía que organiza a Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso. O Curso foi inagurado polo Concelleiro de Servizos Sociais, Óscar M. Rey Calo, destacando a importancia que teñen este tipo de iniciativas formativas, que buscan asentar poboación no municipio, fomentando a creación de postos de traballo que son, ao mesmo tempo, un benefecio á comunidade, como é prestar un servizo de atención e coidado aos nosos maiores.

O curso impártese no Centro Cultural en Ponteceso os luns, martes e mércores de 10.00h a 14.00h e durará ata finais do mes de maio. Asisten 20 mulleres desempregadas do Concello de Ponteceso. Está impartido por profesionais do sector e conta cunha subvención da Deputación Provincial de A Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios