Venres. 29.03.2024
El tiempo

4 emprendedoras da comarca comparten as súas experiencias no Foro de Emprendemento de Mulleres do Couto

foto Pilar Trillo vertical
Pilar Trillo será unha das ponentes
4 emprendedoras da comarca comparten as súas experiencias no Foro de Emprendemento de Mulleres do Couto

Este venres 11 de novembro, a Fundación Eduardo Pondal acolle no Couto o Foro de mulleres emprendedoras na Costa da Morte. A actividade enmárcase no programa de actuacións que desenvolve o Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Costa da Morte, ubicado en Coristanco.

Na cita daráse a coñecer a experiencia de cinco emprendedoras da Costa que debaterán acerca das oportunidades de iniciar un negocio nas contornas rurais. Intervirán na xornada Pilar Trillo, promotora dun proxecto de turismo rural de Muxía; Begoña Fernández da Galería Stoupa de Cee, que conta cunha firma de artesanía local; Patricia Vaquero, da consultora Nós igualdade; Silvina Muñoz, de repostería creativa Algareira; e Cristina Vázquez de Horta do Noroeste.

FORO_EMPRENDEDORAS_C_OSTA_DA_MORTE_Programa

O evento inclúe un espazo de exposición para que mulleres emprendedoras de Costa da Morte poidan mostrar os seus produtos e proxectos.

As persoas interesadas en asistir a este evento deben formalizar con carácter previo a súa inscrición na web polosemprendemento.gal

Comentarios