A caseta da discordia que tensa Corme

18:55 18/10/10

Un pouco de historia
O Concello da Xunta de Galicia aprobaba o proxecto a depuradora por 1,6 millóns de euros en novembro de 2007. Houbo un período de alegacións coa exposición e aprobación do atreproxecto en sesión plenaria. Non houbo alegacións. Como contamos hai un par de semanas a Depuradora está a un 90%. Tan só queda a "caseta da discordia" e o pozo das tormentas, e polo que parece, a obra segue adiante.Conflito político
Como toda problemática que se prece en Ponteceso, chega ao eido da políticas. Para o PSOE de Ponteceso, "os veciños temos razóns ben fundadas para desconfiar dun Alcalde que nos minte". Denuncia ademais que "o Alcalde incumpliu todos os compromisos de ter o saneamento de Corme en marcha antes do verán de 2010". Para o grupo opositor, foi "un erro histórico" instalar a depuradora no centro de Ponteceso e denuncia que "a historia repítese en Corme. O grupo de goberno responde e asegura que "o PP non o fai e tentou e tentará solventar todos os fallos e problemas que esta ten dende o proxecto inicial. Ademais, promete que "a depuradora é boa para todos". Lembra ademais o PP que a depuradora "foi sacada adiante polo PSOE na lexislatura pasada, porque non lles quedou máis remedio, ao estar contemplada no Plan Galicia".Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
- Nota de prensa do Concelleiro do Psdeg-Psoe de Ponteceso, Joaquín Pose Suárez.
- Nota de prensa do Portavoz do PP de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar.