Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte non esquece o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A Costa da Morte non esquece o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Hermanager Producions tamén nos trae a súa visión sobre o 25N

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E malia que tódolos días deberían ser o Día internacional contra a Violencia de Xénero, a Costa da Morte nunca dá as costas a estas importantes datas. Son varias as asociacións e os Concellos que teñen actividades para estes días sempre ca Igualdade como fío condutor.

Como o Concello de Ponteceso, que onte celebraba un Domingo en Igualdade no Edificio das Escolas. Unha sesión que serviu para presentar os os traballos dos rapaces realizados nos dous últimos anos en materia de fomento da igualdade, como aqueles spots do proxecto Rec.Apacita. A sesión, na que a mocidade foi a protagonista, serviu tamén para coñecer o filme "Documenta" e mais a Maruxa mariñeira, un libro editado pola Deputación na que se narra a vocación mariñeira dunha nena da Costa da Morte. A tarde rematou cunha sesión de títeres en Igualdade.

A mocidade de Ponteceso moi activa polo 25N

Ademais, Carnota acollía un acto organizado polo BNG Costa da Morte, coa presentación do Master en educación de xénero e igualdade "Mulleres de Carnota. Algúns apuntamentos sobre a situación das mulleres rurais", realizado polas estudantes da USC Laura Garcia, Paloma Muleiro, Paula Tomé e Susana Varela. Ao remate, a acción saltou fóra do Concello carnotán para facer unha concentración na que Carmen Armendáriz, responsable de acción feminista, leu o manifesto do BNG "Tod@s contra a violencia de xénero. Nen practicamos nen consentimos".

Actividades polo 25N

Concentracion coa Buserana

25 N 2013

Como sempre é a Asociación Feminista Buserana a que convoca a concentración máis importante da bisbarra. A cita, baixo o lema "Nen unha máis", terá lugar hoxe luns ás 20:00h na Praza 8 de marzo de Cee. Unha concentración que contará coa exposición de Bernardino Martínez Castiñeira.
Xa o pasado xoves os estudantes do IES Fernando Blanco tiveron ocasión de sumerxirse nun mar de curtas sobre a violencia de xénero que non deixaron a ninguén como estaban.

Outra concentración

Mentres, o Concello de Cee en colaboración co CIM, convoca tamén a súa cita, unha concentración esta mañá de luns 25 de novembro, ás 12:00h diante do Concello para recordar a todas as mulleres mortas vítimas da violencia machista. Leerase o manifestó contra a violencia de xénero e daranse a coñecer as persoas gañadoras do V Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero.

Ademais, o marte 26, ás 11:30h no salón de actos haberá a obra de teatro terá lugar a obra “Tacóns na corda", un espectáculo de música e teatro para o alumnado dos centros escolares e aberto a todas as persoas que queiran asistir.
E complétase o programa o Día 2 de decembro ás 12:00h teatro con perspectiva de xénero “I´ll be watching you" ("Hei estar vixiándote"), un espectáculo pedagóxico, teatral e lúdico do Proxecto Chévere.

Carballo tamén amosa a cara triste

Mulleres de Vida Alegre en Carballo

O Pazo da Cultura de Carballo acolle estes días mostra “Mulleres de vida alegre?” que permanecerá até o venres 29 de novembro. Cedida por Médicos do Mundo e composta por instantáneas de Salvador Campillo, transmítenos, a través do testemuño de catro mulleres, as causas e as consecuencias da explotación sexual.

A FEDANPA fai un chamamento

E non desaproveita a ocasión a Federación de Anpas da Costa da Morte para facer "un chamamento a toda a comunidade escolar para que o vindeiro Día Internacional contra a Violencia de Xénero non pase desapercibido nestes tempos de crise múltiple e convidaramos a participar nas diversas actividades que, desde distintas organizacións da Costa da Morte instan a reflexionar sobre unha das lacras máis execrables da nosa sociedade".

"Desde as anpas debemos ser conscientes de que a educación é o primeiro paso para erradicar este tipo de violencia. E non só desde os centros de ensino se debe educar en valores, senón que nas anpas, debemos estar alerta perante comportamentos sexistas no noso día a día ou facer algo tan sinxelo como empregar linguaxe non sexista.
No caso caso específico da federación de anpas da Costa da Morte temos pendente solucionar o tema da distribución duns roles que axudan a manter esa nosa propia cúpula de cristal", apuntan.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios