Xoves. 08.12.2022
El tiempo

A Cultura e as matemáticas invanden o IES Ponteceso

A Cultura e as matemáticas invanden o IES Ponteceso

Estírase a Semana Cultural no IES Ponteceso. Chamounos realmente a atención a aposta do centro educativo pontecesán, que estivo unha semana repleta de numerosos concertos, sesións radiofónicas, poesía, papiroflexia, charlas con Jorge Mira ou Sechu Sende ou sobre o primeiro emprego, un taller de observación de aves, obradoiros de vimbio e de monicreques, proxeccións...

E para colofón de todo isto, prantexaba unha actividade novedosa: a creación dun enorme Triángulo de Sierpinski. Para elo, fan falta nada menos que 3267 latas.

A día de hoxe os alumnos xa teñen creado varios triángulos. Pero falta un, o máis grande, e para iso terán que facer 3 semellantes ao máis grande que vemos nas fotos, para unilos e crear un enorme. Fan falta 1000 latas máis así que os establecimentos dos arredores xa están carregando latas para o instituto para que en 10 días estea listo. Todo un traballo de enxeñería realizado por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.

Exposición sobre Fractais

A idea é a de elaborar unha exposición sobre fractais que acompañará a construcción do triángulo. Todo enfocado dentro o programa de Matemáticas. I é que a presencia de formas fractais na natureza é fundamental. O propio coliflor romanesco, os pulmóns, as montañas, as nubes, as liñas costeiras e os flocos de neve e ducias de elementos da vida cotiá que se poden catalogar dentro desta denominación.

Que son os fractais?
Un fractal é un obxecto semixeométrico cuxa estrutura básica, fragmentada ou irregular, se repite a diferentes escalas. O termo foi proposto polo matemático Benoît Mandelbrot en 1975 e deriva do latín fractus, que significa quebrado ou fracturado. Moitas estruturas naturais son de tipo fractal.

Xeometría Fractal
Pasaron máis de 40 anos desde que o matemático Benoît Mandelbrot se formulou unha interesante pregunta: Canto mide a costa de Gran Bretaña? A resposta non é simple, xa que en realidade depende do instrumento co que realicemos a media. Descubriu tamén Mandelbrot que a costa de Inglaterra mostra a mesma estrutura a diferentes escalas. O que hoxe coñecemos como autosemellanza ou invariancia de escala e que constitúe a principal característica dos obxectos fractais.

A pesares da súa complicada estrutura, o Conxunto de Mandelbrot mostraba unha inusitada simplicidade para ser representado a través dun ordenador e unha asombrosa beleza, maior que calquera outro obxecto xeométrico descuberto ata ese momento. Pronto algúns atrevéronse a cualificar a Xeometría Fractal como unha rama artística emerxente. Pero, en realidade, non foi ata os anos 90 cando un grupo de programadores desenvolveron os algoritmos de cor que outorgan aos fractais o seu potencial artístico.

Semana Cultural

E mentres agardamos que o xigante Triángulo de Sierpinski sexa unha realidade, quedamos con algunha das actividades que se desenvolveron no instituto. Por exemplo, a sesión musical foi espectacular, e aquí vemos unha escolma das interpretación dos grupos da ESO dirixidos por Paula, profe de música:

Concerto de "Escuchando Elefantes"

Ademais tivo lugar o concerto de 'Escoitando Elefantes'. Un concerto para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, para que vexan como a mocidade se lanza ao mundo da música. I é que a historia deste dúo é curiosa. Levasn xa máis de 2 anos cantando polas rúas da cidade da Coruña, gañándose a vida na rúa e do que máis gustan.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios