Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Escola de Brantuas deixa Pegadas do pasado aos seus pequenos

A Escola de Brantuas deixa Pegadas do pasado aos seus pequenos

O importante do pasado son as pegadas que deixou!

Esta frase define a fermosa a iniciativa da Escola Unitaria de Brantuas, que vén de inaugurar o Centro de Interpretación "Pegadas do pasado". Un traballo realizado polo CRA de Ponteceso en colaboración co Concello e os pais dos alumnos do CRA, que servirá para deixarlle un anaco de historia a todos os pequenos que pasen pola Escola. Unha proposta moi na liña do Ponte na fala.

Así nolo explican as propias mestras: "Este Centro de Interpretacion é para nós un instrumento a través do cal queremos mostrarlle aos nosos cativos as raíces dos nosos pobos: o conxunto de cancións, festas, costumes, oficios... que definen a idiosincrasia das nosas vilas e aldeas.
O noso presente é o resultado do que os nosos avós e avoas fixeron con sacrificio e esforzo. Non poderemos valoralo sen coñecelo, por iso coa colaboración dos veciños elaboramos esta mostra de apeiros co fin de transmitir ás nosas crianzas esta cultura propia".

"Esta pequena homenaxe vai, pois, para todos esa xente que nos deixou tanta CULTURA labrada e elaborada, para que os nosos raparigos e raparigas aprendan dela e a leven consigo para sempre.

Así o explican as Almudena García Rey, Sandra Cousillas e Esther Pérez, armadanzas do proxecto, que queren agradecer ás familias da zona e á Directora Rosa María Barreiro Carujo, a súa colaboración para levar adiante este proxecto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios