A Escola de Verán da FEP recupera os xogos populares


A Escola de Verán 2011 da Fundación Eduardo Pondal, tras recibir a visita do Conselleiro, artellou durante a semana na eira da Casa do Cura unha xornada de xogos populares monitorizados por Carlos Conde e Álex Ferreiro Barreiro.
O alumnado realizou por espazo dunha hora unha estación de 10 paradas nas que ían practicando salto á corda, turra-soga, zancos de plástico, chave ou buxaina entre outros xogos. Na fotografía podemos ver aos dous monitores (Carlos e Álex) xunto coas monitoras da Escola de Verán Uxía Varela, Tamara Lema e Lucía Blanco Tedín, así como uns momentos de xogo dos cativos.

Na vindeira semana
A vindeira semana haberá unha tripla proposta de convidados. O martes 19 estarán os gaiteiros do Centro Coreográfico Galego cun obradoiro de música tradicional, o mércores 20 o Mago Andros realizará obradoiros de maxia e o venres 22 Magín Blanco realizará un mini-concerto arredor do seu libro A nena e o grilo. Todas estas actividades son en horario de mañá.
Novas relacionadas
- Escola de Verán 2011: O monitorado presenta a Escola de Verán 2011 da Fundación Eduardo Pondal.
- Escola 2010: Monte Branco fixo balance da Escola de Verán 2010.
- A Fundación Eduardo Pondal recibiu visita institucional.
- A Cova Céltica da Fundación Eduardo Pondal sumerxiuse nun San Xoán de tradicións.
- Unha noite no Prácido luar da Fundación Eduardo Pondal.
- Sábado de lecturas animadas e recordos da Casa do Cura na Fundación Eduardo Pondal.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela.