Luns. 29.04.2024
El tiempo

Unha noite no Prácido luar da Fundación Eduardo Pondal

Unha noite no Prácido luar da Fundación Eduardo Pondal

Xa tiñamos gañas de disfrutar dunha dese proxecto teatral de recuperación etnográfica "Noites do prácido luar" que artellan no Couto. A Fundación Eduardo Pondal vén de preparar esta obra dirixida por Lucho Penabade e traída ás nosas pantallas gracias ao traballo audiovisual de Dani Puente sobre a estrea da obra o pasado 21 de maio.

Precisamente este pasado domingo A Casa do Cura acolleu a presentación desta documental, ante toda a parroquia do Couto que ollaba aos seus compañeiros e compañeiras. I é que a obra está protagonizada pola canteira da Asociación Monte Branco, como son as Tania Villar, Esteban Rey, Lucía Blanco, Sofía González, Miriam Amado, Carmen Fuentes, Tamara Lema, Maxi García, Eva Parga, Leticia Recarey, Uxía Varela, David Amado, Alba Santiago, Romina Castiñeira e Alba Costa, xunto coa coral A Oliveira de Monte Branco.

Aquí vos deixamos pois coa creación audiovisual de Dani Puente sobre a estrea da obra, "Noites do prácido luar", promovida pola fundación Eduardo Pondal e dirixida por Lucho Penabade, coa sementeira de Monte Branco como actores:

Novas relacionadas

Comentarios