sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Fiscalía tamén denuncia ao alcalde de Ponteceso

A Fiscalía tamén denuncia ao alcalde de Ponteceso
O CSIF en Ponteceso O CSIF en Ponteceso

Segue adiante o proceso de denuncia que o CSIF ten en marcha en Ponteceso contra o seu alcalde, Lois García Carballido. Despois de pasar polo Xulgado e tralas reiteradas denuncias da organización sindical máis representativa do Concello pontecesán, é agora a Fiscalía Provincial da Coruña que denuncia a Carballido e ao goberno municipal.

Así informou o CSIF o pasado venres, sinalando que a fiscalía “acaba de dictar Decreto e Denunciar ao Goberno Municipal de Ponteceso e en particular a José Luís García Carballido nos Xulgados por un presunto delito de Prevaricación e tamén por presuntos delitos de Coacción e ameazas”.

Desde CSIF en nome dos empregados públicos do Concello de Ponteceso, levan pedindo a intervención urxentes dos poderes púlicos ante “a gravidade dos feitos no marco dos traballadores de axuda no fogar, entre outros.

Por parte municipal, o alcalde socialista, que conta co apoio dos membros do goberno tripartito APIN e BNG, sinalou que “é un boicot contra o pobo de Ponteceso duns poucos traballadores”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios