A Fundación Eduardo Pondal tramita a súa alta na Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores

09:50 08/03/11

Fins da ACAMFE
Os fins da Asociación de Casas-Museo e Fundación de Escritores (ACAMFE) son os seguintes:- 1.- Favorecer o encontro, cooperación e estudo das Casas-Museo e Fundacións de Escritores (en adiante CMF) asociadas, para a promoción, difusión e defensa dos intereses e actividades comúns, perante as Administracións Públicas e perante a sociedade en xeral.
- 2.- Promocionar e difundir a literatura en xeral e a de cada escritor en particular.
- 3.- Establecer canles de asesoramento e información entre os asociados sobre actividades xerais que afecten ás CMF (lexislación, axudas, turismo…) e sobre actividades particulares das CMF (técnicas e metodoloxías de traballo, congresos, exposicións, publicacións…)
- 4.- Fomentar e coordinar actividades compartidas por dúas ou máis CMF (investigación, publicacións, intercambios…)
- 5.- Organizar programas de estudos académicos universitarios e de posgrao, cursos, ciclos de conferencias, exposicións, publicacións, edicións e outros análogos, así como todos os servizos que a devandita actividade conleva, para o mantemento dos fins da Asociación.
- 6.- Difundir as actividades das CMF, no seu conxunto ou particularmente, polos medios máis adecuados (reunións, boletíns, guías científicas e turísticas, programas multimedia…)
- 7.- Representar as CMF asociadas perante as autoridades e organismos, públicos e privados, solicitando deles as medidas e axudas que mellor conveñan ós fins da Asociación e de cada un dos escritores representados.
- 8.- E, en xeral, participar en todas aquelas actividades que sexan de interese da Asociación, dos seus asociados e da sociedade en xeral.