Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Pondal e Curros unidos polas súas fundacións

Pondal e Curros unidos polas súas fundacións

A cúpula directiva da Fundación Eduardo Pondal, vén de realizar unha visita oficial á fundación homónima que outro escritor do rexurdimento, Manuel Curros Enríquez, posúe na súa localidade natal de Celanova. O presidente José Luís Fondo Aguiar, e os patróns José María Varela Martínez e Luís Antonio Giadás Álvarez foron os representantes costeiros.

Ademais de intercambio de agasallos entre ambas fundacións, visitantes e xerente da Curros Enríquez acordaron abrir unhas liñas de colaboración entre as que destacan proxectos “Vilas literarias” e “As rutas do rexurdimento”.

Un bo exemplo de vilas literarias descubrírao a Costa da Morte o pasado 2010 en Cataluña, en Roda del Ter coñecendo ao poeta Miqel Martí i Pol.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios