Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Lei de Xuventude a debate en Ponteceso

A Lei de Xuventude a debate en Ponteceso
O pasado venres, 15 de xullo de 2011, a Biblioteca Municipal de Ponteceso acolleu un foro-debate sobre a futura Lei de Xuventude de Galicia. Ao acto asistiron trece mozos e mozas do Concello, entre eles a Concelleira de Xuventude e Turismo, Susana Cousillas. O moderador do foro foi un representante da zona da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa preténdese que a mocidade galega participe propoñendo ideas sobre esta lei que serán tidas en conta na súa redacción final. Deste xeito, segundo contan dende o Concello, “Ponteceso achega o seu gran de area á futura Lei de Xuventude que terá que ser aprobada nun futuro polo Parlamento Galego.”

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso, da man de Óscar Manuel Rey Calo.

Comentarios