Venres. 17.05.2024
El tiempo

A oposición de Ponteceso afía as súas criticas contra o alcalde

A oposición de Ponteceso afía as súas criticas contra o alcalde

Recibimos esta fin de semana dúas notas de prensa da oposición pontecesá. APIN e PSOE amosan o seu rexeitamente sobre dous asuntos diferentes, como son os cortes de luz que veñen sufrindo as instalacións municipais, así como a os soldos municipais.

APIN denuncia os cortes de luz

Local da Campara, en Ponteceso, que supostamente sofre cortes de luz

Os Independientes de Ponteceso veñen denunciando os continuos cortes de luz que sofren as instalacións municipais e que crean problemas para desenvolver as actividades. Precisamente esta fin de semana tiveron problemas no Local Social da Campara, no que a Asociación Veciñal a Coteleira leva a cabo moitas actividades.

Dede APIN, aseguran que estes cortes son provocados polas distribuidoras polos impagos do Concello, polo que esixen unha solución canto antes.

O PSOE denuncia demasiados soldos políticos

Denuncia o PSOE pontecesán que "a aberración que non se produce en ningún concello de España de 6.000 habitantes, como ter 7 concelleiros a soldo, 4 deles que poden compatibilizar cos seus empregos a tempo completo". O alcalde asegura que hai 4 concelleiros con dedicación parcial, e que coas comisións de goberno e os plenos teñen que sumar máis de 420€ ao mes. Pola contra, dende APIN afirman que é imposible, e que teñen que cobrar máis para "chegar aos 150.000 euros que nos custaron en 2012 os concelleiros do PP en Ponteceso".

Pon casos o PSOE dos concellos veciños. Se en Laxe os edís non cobran por comisións ordinarias, si o fan en Malpica ou Cabana (90€), en Muxía (50€). "Un concelleiro SEN dedicación do goberno local de Ponteceso cobraría non máis de 100 euros por mes, sen irpf nin cotización social, que temos que pagar agora por estaren contratados como un empregado máis".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa de APIN e PSOE de Ponteceso.

Comentarios