A oposición móvese en Ponteceso


Apenas 7 meses das eleccións municipais, a oposición pontecesá comeza a moverse. O grupo de APIN, cun concelleiro no pleno, vén de realizar diferentes xuntanzas coa veciñana parroquia a parroquia.
Aquí vemos a algún dos veciños que se achegaron ao Local Social de Brantuas, onde os voceiros de APIN estiveron a pasada semana expoñendo a súa visión como está a funcionar o concello. A sesión incluiu os temas importantes da aldea de Brantuas, como "o arranxo do aparcamento da igrexa, a reparación e a conservación do conxunto de muiños e fontes, da romaría da Virxe do Faro, da limpeza de pistas forestais e da perigosa situación económica na que se atopa o concello".
Tamén a semana pasada o grupo estivo cos veciños de Anllóns e as sesións informativas continuarán ao longo deste 2012.
Novas relacionadas
- O PSOE de Ponteceso denuncia que o alcalde que subir o auga un 18%.
- APIN solicita minimizar o impacto das obras en Ponteceso.
Fonte
- Nota de prensa de APIN.